O Sector de Xustiza de CCOO, presentou denuncia ante a Inspección de
Traballo da Coruña, pola nefasta situación dos arquivos na cidade de
Ferrol, un estado lamentable que, por desgraza, é o común denominador a
todos os arquivos xudiciais de Galicia.
Este é o inicio
dunha campaña que levaremos a cabo en todos os arquivos dos partidos
xudiciais que se atopen en similar estado, xa que dende a Dirección
Xeral de Xustiza tomaron a decisión unilateral de atribuírnos unha nova
función, utilizando aos Secretarios Coordinadores como brazo armado : o
expurgo, e, dado que os compromisos adquiridos en mesa técnica foron
sistematicamente incumpridos, nós, como organización sindical, damos por
rota a negociación ata que ditos compromisos se reflictan en
realidades.
Recordamos os puntos que reivindicamos as
organizacións sindicais de común acordo despois da última reunión, e
que, en tanto nos se vexan satisfeitos, non daremos fin a unha campaña
que non ten nada de agresivo, senón que é tan só a constatación dunha
realidade, a Dirección Xeral considera os arquivos como vertedoiros de
papel:
1.- A convocatoria inmediata dunha mesa técnica de
arquivos e expurgo, paralizándose en tanto non teña lugar a atribución
de funcións de expurgo aos funcionarios de xustiza.
2.- O
nomeamento de dúas prazas por provincia de funcionarios de reforzo
itinerantes, persoal que estaría especializado e cualificado para facer o
expurgo con máis eficacia e rapidez. Subsidiariamente, que se oferten
prolongacións de xornada voluntarias aos funcionarios de xustiza para
levar a cabo estas tarefas.
3.- A creación de verdadeiros
arquivos territoriais, e non pequenas salas nas Audiencias ou TSXG, que
son de todo punto insuficientes como arquivos definitivos e
perpetuarían os problemas de espazo.
4.- A participación
sindical na Xunta de Expurgo, co fin de coñecer o ritmo dos traballos e
servir de canle de unión entre dito órgano e os traballadores
5.-
A dotación suficiente das plantillas de persoal laboral, que está a
desempeñar un gran traballo, inasumible cos raquíticos cadros de persoal
de que dispoñen, e que a Dirección Xeral pretende solventar derivando
funcións destes corpos aos funcionarios de xustiza
Enlaces as novas aparecidas na prensa:
CCOO denuncia el “peligroso e insalubre” estado de los archivos judiciales de Ferrol
El sindicato prevé que el expurgo no comience antes de dos o tres años
La falta de espacio obliga a archivar expedientes en los juzgados, restando espacio a los trabajadores
CCOO presenta recurso de alzada contra la convocatoria de plazas en
comisión de servicio convocadas por la Mugeju
-
Sin información al personal a través de su representación sindical,
invadiendo competencias del Ministerio de Justicia e imponiendo
unilateralmente criter...
Hace 4 años