A Coruña: Calendario laboral 2014. Festividades locais na provincia


4 nov. 2013


No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 207, do 30 de outubro de 2013, publicouse a Resolución da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar pola que se aproba o calendario laboral para o ano 2014 na provincia da Coruña



Enlace permanente: pica aquí



Texto

Resolución da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar pola que se aproba o calendario laboral para o ano 2014 na provincia da Coruña

Dando cumprimento ao disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo), nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no Decreto 127/2013, do 1 de agosto (DOG núm. 151, do 8 de agosto de agosto de 2013), polo que se determina o calendario laboral para o ano 2014 na Comunidade Autónoma de Galicia, esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, elaborou para esta provincia da Coruña o seguinte calendario laboral:

Primeiro.- Decláranse inhábiles a efectos laborais, retribuídos e non recuperables, os seguintes días festivos:

01 de xaneiro Aninovo.

06 de xaneiro Día de Reis

17 de abril Xoves Santo.

18 de abril Venres Santo.

01 de maio Festa do Traballo.

17 de maio Día das Letras Galegas.

25 de xullo Día Nacional de Galicia.

15 de agosto A Asunción.

01 de novembro Todos os Santos.

06 de decembro Día da Constitución.

08 de decembro A Inmaculada

25 de decembro Nadal.

Segundo.–Son tamén inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito dos respectivos concellos, as seguintes festas locais:

ABEGONDO
4 de marzo, martes de Entroido
25 de abril, San Marcos

AMES 
29 de maio, Festas da Ascensión
24 de xuño, San Xoán

ARANGA 
3 de marzo, Luns de Entroido
4 de marzo, martes de Entroido

ARES 
5 de marzo, Mércores de cinza
10 de xuño, Voto de Chanteiro

ARTEIXO 
4 de marzo, martes de Entroido
24 de xuño, San Xoán

ARZÚA 
16 de xullo, Nosa Señora do Carmen
24 de xuño, Festa de San Xoán

A BAÑA 
22 de xaneiro, festividade de San Vicente
9 de setembro, Festa da Virxe das Dores

BERGONDO
4 de marzo, martes de Entroido
16 de agosto, Festa de San Roque

BETANZOS
4 de marzo, martes de Entroido
16 de agosto, Festas de San Roque

BOIMORTO
4 de marzo, martes de Entroido
1 de setembro, Luns do Rosario

BOIRO
24 de xuño, Festa de San Xoán
16 de xullo Día do Carmen

BOQUEIXÓN
22 de xaneiro, Festa de San Vicente
29 de maio, Festa da Ascensión

BRIÓN
29 de maio, Festas da Ascensión
24 de xuño, Festa de San Xoán

CABANA DE BERGANTIÑOS
4 de marzo, martes de Entroido
1 de agosto, Festividade de San Fins

CABANAS
4 de marzo, martes de Entroido
11 de novembro, Festa de San Martiño

CAMARIÑAS
24 de xuño, Festa de San Xoán
16 de xullo, Festa da Nosa Señora do Carmen

CAMBRE
4 de marzo, martes de Entroido
24 de xuño, Festas de San Xoán

A CAPELA
4 de marzo, martes de Entroido
5 de agosto, Festas da Nosa Señora das Neves

CARBALLO
24 de xuño, Festas de San Xoán
25 de xuño, Festas de San Xoán

CARIÑO
4 de marzo, martes de Entroido
16 de xullo, Festas do Carme

CARNOTA
4 de marzo, martes de Entroido
26 de decembro, Festa local de Carnota

CARRAL
4 de marzo, martes de Entroido
8 de setembro, Festa da Virxe do Socorro

CEDEIRA
4 de marzo, martes de Entroido
16 de xuño, Festas de San Adrián

CEE
4 de marzo, martes de Entroido
24 de xuño, Festas de San Xoán

CERCEDA
4 de marzo, martes de Entroido
24 de xuño, Festas de San Xoán

CERDIDO
4 de marzo, martes de Entroido
19 de marzo, Festa de San Xosé

COIRÓS
7 de xaneiro Festividade de san Xulián
4 de marzo, martes de Entroido

CORCUBIÓN
25 de abril Festa local de Corcubión
16 de xullo, día da Virxe do Carme

CORISTANCO
4 de marzo, martes de Entroido
13 de xuño Festividade de San Antonio de Agualada

A CORUÑA
4 de marzo, martes de Entroido
24 de xuño, Festa de San Xoán

CULLEREDO
4 de marzo, martes de Entroido
24 de xuño, Festa de San Xoán

CURTIS
4 de marzo, martes de Entroido
8 de setembro, Festa local de Curtis

DODRO
21 de abril, Luns de Pascua
8 de setembro Virxe das Dores e San Roque de Imo e Castro

DUMBRÍA
24 de xuño, Festa de San Xoán
10 de decembro, Festividade de Santa Baia

FENE
5 de marzo, mércores de cinza
6 de agosto, Festa de San Salvador

FERROL
7 de xaneiro, Festa de San Xiao
21 de abril, Nosa Sra. De Chamorro/Luns de Pascua

FISTERRA
21 de abril, Luns de Pascua
8 de setembro, Festa local de Fisterra

FRADES
4 de marzo, martes de Entroido
29 de setembro, Festas de San Miguel

IRIXOA
3 de marzo, luns de Entroido
4 de marzo, martes de Entroido

LARACHA 
4 de marzo, martes de Entroido
8 de setembro, Virxe dos Miragres de Caión

LAXE
21 de xullo, Festividade da Cruz da Rosa
16 de agosto San Roque

LOUSAME
25 de abril, Festa de San Marcos
24 de xuño, Festa de San Xoán

MALPICA
4 de marzo, martes de Entroido
20 de xuño, Festa de Corpus Christi

MAÑÓN
4 de marzo, martes de Entroido
8 de setembro, Festas de Mañón

MAZARICOS
4 de marzo, martes de Entroido
24 de xuño, Festa local de Mazaricos

MELIDE
21 de abril, luns de Pascua
16 de xullo, Festas da Virxe do Carme

MESÍA 
4 de marzo, martes de Entroido
13 de xuño, Festa de Santo Antón

MIÑO 
4 de marzo, martes de Entroido
30 de xuño, Festas de San Pedro

MOECHE
4 de marzo, martes de Entroido
23 de abril, Festa de San Xurxo

MONFERO 
3 de marzo,  luns de Entroido
4 de marzo, martes de Entroido

MUGARDOS 
7 de xaneiro Festas de San Xiao
10 de xuño, Festas de Voto de Chanteiro

MUROS 
30 de xuño, Festividade de San Pedro
16 de xullo, Festas da Virxe do Carme

MUXÍA 
21 de abril, Luns de Pascua
15 de setembro, Luns da Barca

NARÓN 
7 de xaneiro San Xiao
5 de marzo,  mércores de cinza

NEDA 
24 de xuño, Festas de San Xoán
8 de setembro, Festa de Santa María de Neda

NEGREIRA 
11 de xullo, Festa de San Cristovo
22 de setembro, Festa de Santa Margarida

NOIA 
4 de marzo, martes de Entroido
16 de xullo, Día da Nosa Señora do Carme

OLEIROS 
4 de marzo, martes de Entroido
24 de xuño, Festas de San Xoán

ORDES 
4 de marzo, martes de Entroido
16 de agosto, Festa local de Ordes

OROSO 
4 de marzo, martes de Entroido
16 de setembro, Santa Eufemia

ORTIGUEIRA 
4 de marzo, martes de Entroido
29 de xullo, Festa local de Ortigueira

OUTES 
5 de marzo, Mércores de cinza
29 de setembro, San Campio

OZA-CESURAS
15 de maio, Festas de San Isidro
24 de xuño, Festas de San Xoán

PADERNE 
4 de marzo, martes de Entroido
18 de agosto, Festa local de Paderne

PADRÓN 
21 de abril, Luns de Pascua
6 de maio, San Xoán do Raio

O PINO 
4 de marzo, martes de Entroido
22 de xullo, Festas de Santa Magdalena

POBRA DO CARAMIÑAL 
18 de agosto, Luns do Carme dos Pincheiros
22 de setembro, Luns do Nazareno

PONTECESO 
15 de setembro, Festa local de Ponteceso
16 de setembro, Festa local de Ponteceso

PONTEDEUME 
8 de setembro, Festa local de Pontedeume
10 de setembro, Festa local de Pontedeume

AS PONTES 
4 de marzo, martes de Entroido
21 de xullo, Festa da Nosa Señora do Carme

PORTO DO SON 
4 de marzo, martes de Entroido
9 de setembro, Nosa Señora de Loreto

RIANXO 
4 de marzo, martes de Entroido
19 de setembro Venres de Guadalupe

RIBEIRA 
4 de marzo, martes de Entroido
12 de setembro, Festas de Santa Uxía

ROIS 
21 de abril, Festa local de Rois
15 de maio, Festa local de Rois

SADA 
4 de marzo, martes de Entroido
16 de agosto, Festas de San Roque

SAN SADURNIÑO 
4 de marzo, martes de Entroido
2 de xullo, Festas de Santa Sabela

SANTA COMBA 
21 de abril, luns de Pascua
30 de xuño, Festa de San Pedro

SANTIAGO DE COMPOSTELA 
29 de maio, Festa da Ascensión
24 de xuño, Festa de San Xoán

SANTISO 
13 de xuño Santo Antón
15 de setembro, Festa local de Santiso

SOBRADO DOS MONXES 
4 de marzo, martes de Entroido
9 de xuño, Luns de Pías

AS SOMOZAS 
4 de marzo, martes de Entroido
28 de xullo, Festa local das Somozas

TEO 
29 de maio, Festas da Ascensión
11 de novembro, Festa de San Martiño

TOQUES 
15 de maio, Festa de San Isidro Labrador
2 de setembro, Festa de San Antolín

TORDOIA 
4 de marzo, martes de Entroido
16 de maio, Festa de San Isidro Labrador

TOURO 
21 de abril Luns de Pascua
24 de xuño, Festa de San Xoán

TRAZO 
4 de marzo, martes de Entroido
16 de setembro, Festividade de Santa Eufemia

VAL DO DUBRA 
7 de abril Luns da Feira de abril
1 de agosto Festa do Emigrante

VALDOVIÑO 
24 de xuño, Festas de San Xoán
16 de agosto, día de San Mamede

VEDRA 
22 de setembro Festa do Patio
10 de decembro Santa Baia

VILARMAIOR 
3 de marzo, Luns de Entroido
4 de marzo, martes de Entroido

VILASANTAR 
4 de marzo, martes de Entroido
2 de maio, Festa local de Vilasantar

VIMIANZO 
22 de xaneiro, Fesa de San Vicenzo
11 de agosto, Festas do verán

ZAS 
10 de xullo, Festa local de Zas
16 de xullo, Festa local de Zas

Todas as empresas da provincia deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo o calendario laboral para o ano 2014, de conformidade co establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, para coñecemento e consulta dos traballadores.

O que se fai público no Boletín Oficial da Provincia para o seu debido cumprimento.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

A xefe territorial de Traballo e Benestar
Mª Pilar Caridad Alonso