Esta convocatoria atópase entre as diferentes medidas de mobilización acordadas dentro da Plataforma, e que incluirán o mesmo día que se convoque a Mesa Xeral, para aprobar o Capitulo I dos Orzamentos-2014, unha concentración de delegados e delegadas no mesmo lugar e a mesma hora.
Así tamén o mesmo día que o Consello da Xunta aprobe o anteproxecto de Orzamentos-2014, procederase ao rexistro das sinaturas recollidas, dirixidas ao Presidente da Xunta de Galicia, convocando a Prensa no Rexistro Central de San Caetano.
No momento que chegue a proposta de anteproxecto de Orzamentos-2014, ao Parlamento, procederase a rexistrar as sinaturas que se sigan recollendo, convocando a Prensa diante do Parlamento de Galicia.
O mesmo día que o Parlamento de Galicia proceda a aprobación definitiva dos Orzamentos-2014, farase unha gran concentración de delegados e delegadas e traballadores na rúa do Hórreo.
Finalmente estudaranse posibles datas para facer manifestacións, pola tarde, nas 7 capitais de Galicia.