Escrito remitido por CCOO de Xustiza ao xuíz decano da Coruña
Doña Estrella Añon Anido , con D.N.I. nº, como Delegada de CCOO na Xunta de Persoal dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia. por medio do presente escrito.
EXPON:
1.- Que o pasado día 28 de febreiro de 2011 comezou a campaña electoral do proceso electoral para eleccións a delegados da Xunta de persoal dos funcionarios da Administración de Xustiza de A Coruña.
2.- Que esta delegada púxose en contacto con vostede, como Xuíz Decano, vía telefónica, a fin de comunicarlle o comezo da dita campaña electoral e para solicitarlle que a partires desta data e ata o día 10 de marzo, día da celebración da votación, non se retirase por parte dos traballadores de mantemento, nin de limpeza do edificio dos xulgados de A Coruña a propaganda electoral que CCOO. colocase nas paredes ou noutro soporte da estrutura arquitectónica do edificio. Petición á que vostede accedeu e se comprometeu a respectar nesta comunicación telefónica.
3.- Que o pasado día 28 de febreiro, compañeiros de CCOO., entre os que me atopaba eu mesma, procedemos á colocación da propaganda electoral en todos os pisos e dependencias do Edificio dos Xulgados de A Coruña na rúa Monforte s/n, en base a súa previa autorización.
4.- Que o día 1 de marzo comprobamos que a propaganda colocada o día anterior fora arrincada das paredes. Ante tal feito, puxémonos en contacto, vía telefónica, co responsable de mantemento do edificio dos xulgados para comunicarlle que contabamos coa autorización de SSª para que durante todo o proceso da campaña electoral se mantivera a propaganda sen arrincala. O responsable de mantemento informounos que non dera traslado da dita orde ao servizo de limpeza do edificio, que non o fixera por esquecemento, pero que lles daría traslado da mesma aos traballadores para que a partires dese día non se volvesen a retirar os carteis electorais.
5.- Que o pasado día 2 de marzo colocamos nova propaganda naqueles lugares onde fora arrincada.
6.- Que, ante a nosa sorpresa, hoxe día 4 de marzo, comprobamos que faltaba a propaganda de mais do 90% dos espazos onde a colocáramos o pasado día 2 de marzo.
7.- Ante tales feitos, consideramos que CCOO. está sendo sometida a un proceso de censura nestas eleccións, e en defensa do noso dereito á liberdade de expresión sindical, iniciamos unha campaña de denuncia disto, colocando uns carteis nos lugares onde foi arrincada esta propaganda,
Por isto,
SOLICITO:
Que SSª dea as instrucións oportunas ao persoal de mantemento ou do servizo de limpeza para que non retire de novo esta propaganda.
Que se non fora responsabilidade deste persoal a desaparición da dita propaganda, se tomen as medidas oportunas co fin de que, nas súas competencias de mantemento da seguridade neste edifico público, non se perturben os nosos dereitos sindicais a participar neste proceso electoral.
Tamén lle comunicamos que informaremos á Administración da Xunta de Galicia dos ditos feitos contra a liberdade de expresión sufridos polo noso sindicato, e tamén ññe daremos traxlado á Mesa Coordinadora Electoral que rexe o dito proceso de elección.
Na Coruña a 4 de Marzo 2011
Asinado: Estrella Añon Anido
ATT SSª XUIZ DECANO DE A CORUÑA
![]() |
Preme nas imaxes para amplialas |