A dixitalización dos Rexistros Civís


22 oct 2008


Out22
Grandes avances na dixitalización dos Rexistros Civís


Fonte: unblogenred

O programa Rexistro Civil en Liña, impulsado por red.es en colaboración co Ministerio de Xustiza avanza a toda marcha. O ritmo de dixitalización dos Rexistros Civís acelerouse durante os últimos meses, de tal forma que as cifras empezan a ser realmente impresionantes:

  • 28.000 libros rexistrais dixitalizados, o cal supón máis de 16 millóns e medio de páxinas dixitalizadas
  • 116 rexistros civís dixitalizados por completo
  • Estase a traballar simultaneamente en 91 Rexistros Civís

Respecto á distribución por Comunidades Autónomas, a dixitalización en Extremadura e Comunidade Valenciana está practicamente finalizada (excluíndo Valencia capital). En Asturias, Castela A Mancha, Murcia e Galicia realizáronse progresos considerables e actualmente máis da metade dos rexistros foron completados. Por último, recentemente se ha emprezado a traballar en Andalucía, Castela León, Ceuta e Melilla.
Por certo, ¿queres saber como se leva a cabo parte deste traballo? Estas son as unidades móbiles de dixitalización.