Mostrando entradas con la etiqueta Mobilizacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mobilizacións. Mostrar todas las entradas

7 abril: manifestación Santiago os traballadores de Xustiza de Galicia


28 mar 2018




Comunicado do comité de folga 6 de marzo


7 mar 2018





24 F: A Xustiza en Santiago: Os funcionarios e funcionarias de Xustiza resistimos


26 feb 2018



24 Febreiro: Manifestación en Santiago de Compostela


22 feb 2018


24 FEBREIRO: MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA DOS TRABALLADORES DE XUSTIZA DE GALICIA



Calendario mobilizacións. 24 febreiro - Manifestación en Santiago


21 feb 2018


CALENDARIO MOBILIZACIÓNS




A Alianza Social Galega convoca mobilizacións, en toda Galicia, contra a Lei de Seguridade Cidadá (Lei Mordaza)


13 nov 2014


mércores 12 de novembro de 2014

  • O Goberno coa reforma da Lei de Seguridade Cidadá e do Código Penal, pretende implantar un estado policial
  • Os días 13 e 23 de novembro haberá concentracións e manifestacións en todo o territorio galego
A nova lei de seguridade cidadá e a reforma do Código penal evidencian o seu obsesivo centralismo, os nulos principios democráticos polos que se rexe o PP e a que clase de intereses serve. Mentres actúa con esta dureza contra os movementos sociais, a clase traballadora e a realidade plurinacional do estado, mantén unha actitude de moita permisividade respecto aos delitos económicos que cometen os seus amigos e o capital financeiro.
Asoga
Asoga
Estas reformas normativas teñen como obxectivo reprimir a contestación social.
O PP está provocando, coas reformas laborais e sociais e coas súas políticas económicas, un recorte de dereitos e unha crecente precariedade das condicións de traballo e da calidade de vida das persoas. Ante a contestación social que xeran tales políticas, promove estas reformas para impedir protestas que as poñan en cuestión.
O exercicio democrático e constitucional do dereito á folga e a outros medios de protesta e reivindicación estano poñendo en cuestión as autoridades públicas mediante:
• Diferentes causas e actuacións penais contra das persoas traballadoras e dos grupos de reivindicación social por supostas actividades delituosas durante o desenvolvemento de manifestacións, concentracións ou calquera outra forma pacífica de contestación, ou mesmo de defensa dos dereitos que nos están arrebatando.
• Un inusitado protagonismo do ministerio fiscal.
Por estas vías pretenden deslexitimar a resposta da cidadanía fronte ás reformas e actuacións inxustas propostas polo poder político deste Goberno.
Coa reforma do Código penal tipifícanse como delito unha serie de accións sociais que até o de agora non tiñan esa consideración.
• desorde pública
• atentado
• desobediencia
• resistencia á autoridade, etc.,
o que supón un ataque frontal a dereitos sobre os que asenta a participación democrática: liberdade de reunión, manifestación e de folga.

O PP reforma a lei de seguridade cidadá
• para actuar de forma inmediata e contundente contra a conflitividade social que eles crean; evitan así depender de xuíces e maxistrados que non estean dispostos a colaborar na súa política represiva e de recorte das liberdades públicas;
• para substituír a infracción penal pola infracción administrativa, á marxe das garantías xurisdicionais, para desalentar a mobilización social, actuando con total discrecionalidade e arbitrariedade;
• para aumentar as infraccións (pásase de 30 a 57 e créanse até 36 novos tipos) e as contías das sancións, que se fixarán sen considerar o patrimonio das persoas afectadas (1.000 euros as leves, 30.000 as graves e 600.000 as moi graves);
• para despenalizar as faltas co fin de evitar o control da xustiza penal, facendo as sancións inmediatamente executivas; elimínanse así as garantías da presunción de inocencia (pagamento de taxas, presunción de veracidade da actuación da policía, etc.).
A tutela xudicial só opera unha vez imposta a sanción e grava a cidadanía coa carga de promover un proceso sometido a custos adicionais á propia sanción; custos incrementados tamén de forma arbitraria coa reforma da lei de taxas xudiciais.
Preténdese a persecución de todo tipo de mobilizacións e mesmo o exercicio de dereitos fundamentais:
• Castiga as «ofensas» ás institucións, himno e símbolos do Estado español; reprime as manifestacións públicas a través de panfletos ou bandeiras que supostamente inciten á alteración da orde pública. Impídese o dereito á folga e as concentracións diante de calquera espazo común, público ou privado (mesmo fóra das horas de apertura), contra a vontade do seu propietario, arrendatario ou titular.
• Sanciona duramente os peches, escraches, concentracións contra un desafiuzamento, cortes de tráfico, despregamento de faixas, manifestacións diante das sedes parlamentarias, manifestacións de empregados/as públicas con roupa de servizo, colgar carteis, facer pintadas, acampadas de protesta, recollida de sinaturas ou colocación de mesas nas rúas.
• Promove os controis, rexistros, identificacións, cacheos e detencións pola vía da inmobilización «polo tempo estritamente necesario», para actuar ante accións que poidan provocar alarma social.
• Prohibe a participación en protestas con carapucha, casco ou obxecto que cubra o rostro. Castiga como desobediencia e resistencia á autoridade a negativa a identificarse.
• Implanta unha censura previa de aplicación discrecional contraria á Constitución, ao limitar a captación e difusión de sons, imaxes ou datos de membros das forzas de seguridade do Estado nas súas intervencións públicas, o que socava o dereito da cidadanía a recibir unha información veraz e plural, imposibilita e amedrenta o traballo xornalístico —un dos garantes dese dereito—, promove a impunidade no abuso policial contra os dereitos civís ao impedir a existencia de posíbeis probas gráficas de intervención desproporcionada das forzas de seguridade.
Con esta reforma represiva, o Goberno pretende
• converter o conflito social nun continuo conflito de orde pública; camiñamos cara a un estado de carácter policial, onde
• obrigar á colaboración cidadá coa policía baixo imposición de sancións, ao tempo que se amplía a impunidade na actuación policial, que non terá o deber de identificarse nin de exhibir identificación ningunha e terá plenas facultades para o uso inxustificado e desproporcionado da violencia;
• ampliar as competencias da policía para desaloxos, disolución, mesmo preventiva, de reunións e manifestacións así como as gravacións indiscriminadas de persoas e lugares.
E mentres se aplican estas reformas represivas,
• desmantélase o sistema público da Administración de xustiza realizando outras reformas que limitan e impiden o acceso aos xulgados, ben establecendo cantidades económicas para acudir á Administración de xustiza, privatizando servizos que antes eran públicos e gratuítos
• traspásanse aos notarios, rexistradores e profesionais privados, servizos que eran públicos, gratuítos e de fácil acceso; e modifican a actual estrutura xudicial, suprimindo partidos xudiciais en localidades, desprazando xulgados a capitais de provincia.
Todo isto deteriora extremadamente o servizo público da xustiza encarecendo os custos e eliminando a proximidade e a facilidade para o acceso á xustiza.
Por todo o dito, as organizacións e entidades que conformamos a ALIANZA SOCIAL GALEGA denunciamos estas novas reformas do PP, claramente dirixidas a impedir o exercicio de dereitos fundamentais, e chamamos o pobo galego a dar unha resposta colectiva que impida este atentado ás liberdades públicas e este golpe de Estado encuberto.
Non podemos permitir este paso atrás, non podemos calar ante a criminalización da protesta social, ante o retroceso inaceptábel das liberdades públicas e das vías de participación democrática que pretende o Goberno do PP e nos sitúa nun escenario que nos retrotrae, en moitos aspectos, á época do franquismo.


A Mesa pola Normalización Lingüística; ADICAE GALICIA; Altermundo; ANPAS GALEGAS; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes; Asociación Fuco Buxán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es (AGAMAR); Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega; Autónomos de Galicia, AUGA-UPTA; Boa Vida Inclusión Activa; Confederación Intersindical Galega (CIG); COGAVE; Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia; Colectivo Encontro Benestar Social; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos; CONFAPA Galicia; Confraría Pescadores Poboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONGDs; Escola Viva; Federación de Asociacións Culturais


CALENDARIO DE CONCENTRACIÓNS E MANIFESTACIÓNS CONTRA  LEI SEGURIDADE CIDADÁ

1.- A Coruña

13 novembro,  concentracións ás 20 horas diante da  Sede do  PP A Coruña.
23 novembro,  manifestación  ás 12 horas, saída da Praza de  Pontevedra

2.- Ferrol 

Día 13 de novembro, ás 19 .30 horas, diante da sede do PP
Día 23 de novembro, ás 12 horas desde a Praza de España.

3.- Compostela 

Día 13 novembro, ás 19.30 horas no local do PP de Alfredo Brañas.
Día 23 novembro, Saída ás  12 horas da Alameda e remate en Platerías.

Ribeira :  só concentración o 13 de novembro ás 19,30 horas diante do local do PP,

4.- Lugo

Día 13 novembro, concentración ás 20 horas na sede do PP en Lugo.
Día 23 de novembro, manifestación   ás 12 horas con saída do Edifizo Sindical.

En Burela, concentración  o día 13, diante da sede do PP ás 18.30horas.

5.- Ourense

Día 13 de novembro, concentración diante da sede do PP ás 20 horas.
Manifestación o día 23 as 12 horas, percorrido: dende a Praza Maior ata a Subdelegación do Goberno.
  
6.- Pontevedra

Día 13 de novembro, concentración día 13 diante da sede do PP en Pontevedra, cruce rúas raiña Victoria, Rosalía de Castro ás 19:30 hrs.
Manifestación día 23, saída da Ferrería ás 12:00

Vilagarcía : o 13 de novembro, concentración  ás 20 horas diante do sede do PP
O 23 de novembro, manifestación ás 12 horas, saída da Casa do Mar de Vilagarcía.

7.- Vigo

Día 13 de novembro, ás 19.30 horas diante da sede do PP.
Día 23 de novembro,  manifestación pero hora e saída por determinar.

Xustiza para todos no 22M


24 mar 2014




Centos de miles de persoas percorren as rúas de Madrid e expresan con claridade: hai que acabar coas políticas do gobernó que condenan á pobreza, ao paro e a marxinalidade a millóns de persoas mentres un 1% da poboación segue a acaparar máis do 75% da riqueza.

 Nunha burda manipulación, a policía e os medios de comunicación falaban de 50.000 persoas participantes nas marchas, cando deberían recoñecer que chegaron a Madrid máis de 900 autocares, trens e multitude de coches particulares. Os oito carrís do Paseo do Prado e Recoletos, máis os bulevares, por una lonxitude de dous kilómetros e medio estaban totalmente abarrotados, una hora detidos na Glorieta de Atocha, mentres a cabeceira chegaba a Colón, multitude de persoas estaban aínda en Atocha… Cando se minte tan descarademente, pérdese todo o creto.

Dende o comezo desa mobilización sabíase cal era a estratexia do Goberno: ignorar as marchas agochanto toda información sobre o 22 de marzo, organizar desplegué policial desmesurado e converter o triunfo das clases populares nunha das manifestacións máis grandes da historia nun problema de orde público.

Manipúlase a información para criminalizar a protesta, xustificar a lei de inseguridade cidadá e intentar anular o éxito da mobilización. As cargas policiais antes de acabar o acto puideron por en risco a seguridade de centos de miles de persoas que transitaban pacíficamente pola Praza de Colón e arredores.

Os traballadores da Administración de Xustiza participamos de forma activa nas marchas, uns na pancarta de “Justicia para todos” e outros integrados nas súas respectivas columnas.



O Sector de Xustiza de CCOO chama a participar nas marchas da dignidade do 22 de marzo


12 mar 2014




O 22 de marzo columnas e mareas cidadás de todo o territorio nacional confluirán en Madrid en defensa da dignidade. Entre as mareas que participarán nas marchas cidadás, xunto a branca da sanidade ou a verde da educación,  estará presente a marea amarela en defensa dunha xustiza pública, digna e con dereitos

Ante o deterioro do estado de benestar dos últimos anos, cunha Sanidade e Educación Públicas atacadas masivamente polo Goberno títere da Troika, coa Xustiza recortada e cun desemprego insostible e un emprego precario, a cidadanía consciente debe organizarse e resistirse á consolidación dunha desigualdade impulsada dende o poder. 

Os traballadores e traballadoras públicos da Administración de Xustiza somos testemuñas directas de cómo as políticas neoliberais orixinan sufrimento, exclusión e fame na xente do común. A destrución sistemática de dereitos sociais e laborais, conquistados coas loitas cidadás e sindicais, ten que mudar coa reivindicación dunha democracia participativa e popular, onde os menos que máis teñen non sexan os donos dos destinos dos máis que menos teñen. A resignación e o medo que nos inoculan a través dos medios de comunicación pode ser transformada en activismo e compromiso se organizamos a nosa indignación e a levamos dos nosos círculos pechados á rúa como colectivo, porque somos a maioría social. Fronte a excelencia oficialista, onde prometen creación de emprego (subemprego) e melloras nas exportacións, a realidade social da un golpe na mesa: 

 • Hai 3 millóns de nenos e nenas en risco de pobreza e exclusión social, en constante aumento cada ano (Entre las circunstancias que denuncia Save the children son dietas alimenticias tan básicas como "todas las combinaciones posibles de pan, mortadela, huevos y patatas" o niños con vergüenza de ir al colegio por no tener los libros de texto – 20minutos.es)

• O número de millonarios creceu dende o inicio da crise, insultante cando temos seis millóns de parados e máis de millón e medio de fogares sen ningún tipo de prestación. A devaluación salarial crece a un ritmo maior que o incremento dos prezos 

 • O tecido industrial está a ser desmantelado, sen industria e produción, convertémonos nun país de servizos, co que a nosa mocidade vese condeada ao paro, a subsistir con salarios de miseria ou á emigración 

 • A privatización de servizos públicos deixan sen cobertura sanitaria a colectivos completos, camiñamos cara a unha educación segregadora e clasista, e imponse como norma o repago: non só soben os impostos, tamén debemos pagar por servizos aos que xa contribuímos co noso IRPF ou o IVE, que prefiren destinar a rescates millonarios dos que non deixan de gañar 

 • As pensións recórtanse para favorecer á banca e os seus plans de pensións privados. 

 O Sector de Xustiza de CCOO anima a participar na Columna Galega das Marchas da Dignidade, a título individual ou ben participando na marea amarela, en defensa das clases populares, nun momento en que baixo o pretexto da seguridade queren acalar as voces discordantes mediante a lei mordaza, porque nós tamén temos motivos:

- Lei de taxas 
- Privatización do Rexistro Civil 
- Eliminación de Partidos Xudiciais 
- Recortes e conxelacións sucesivos nos nosos salarios 
- Amortización de cadros de persoal 
- Perda de dereitos, como descontos por enfermidade ou días de vacacións 
- Mobilidade xeográfica salvaxe...

Cando todo falla só queda a Xustiza, que é a que está dando vitorias como a da Sanidade madrileña, e por iso, a Xustiza pública, profesional e de calidade non interesa, somos obxectivo prioritario, como así deixou claro o FMI,  dende onde se pediu aos xuíces non ser tan estrictos cos despedimentos.

Sairán trens ou buses dende as principais cidades galegas, para máis información www.marchasdadignidade.blogspot.com , ou se o prefires contacta con nós no correo sectorxustizaccoo@gmail.com 


CC.OO. convoca protestas contra la privatización del Registro Civil y denuncia el colapso en los archivos judiciales


20 feb 2014


El sindicato Comisiones Obreras (CC.OO.) ha denunciado la situación que se sufre en los edificios judiciales de la ciudad y los problemas a los que se están enfrentando los funcionarios que trabajan en estas dependencias.
Según Pablo Valeiras del sector Xustiza del sindicato los archivos judiciales de Pontevedra, al igual que los de la mayoría de los juzgados de Galicia, se encuentran en una situación límite al borde del colapso.
Señala, además, que se está aplicando un plan piloto de expurgo en la Audiencia Provincial de Pontevedra y en el Juzgado de Primera Instancia número 1 de esta ciudad que no fue negociado ni consensuado con los representantes de los trabajadores. Ante esta situación, el sindicato indica que se oponen a que se encomienden nuevas tareas y se sobrecargue de trabajo a los funcionarios, además de exigir que la realización de estas labores sea recompensada económicamente.
CC.OO. indica que es necesario que todos los miembros de los equipos reciban la formación necesaria para la labor que desempeñan con el fin de garantizar la conservación de aquellos documentos que tienen un valor histórico por su relevancia como son las denuncias y los testificales de los casos judiciales en el franquismo y en la transición que ayudan a describir estas épocas con gran precisión.
Denuncian la existencia de graves irregularidades y anomalías en materia de prevención de riesgos laborales con una especial denuncia hacia las condiciones de la salida de emergencias del edificio judicial de A Parda.
CONTRA LA PRIVATIZACIÓN DEL REGISTRO CIVIL
Además, el sindicato volverá a convocar manifestaciones de protesta contra la intención por parte del Ministerio que dirige Ruiz Gallardón de privatizar el Registro Civil. Según los representantes sindicales, el Gobierno intentará volver a poner en marcha esta medida que fue bloqueada en 2013. Indican que conllevaría la pérdida de más de 240 puestos de trabajo en Galicia y el alejamiento del servicio público de los ciudadanos. Aseguran que si no se impide, los ciudadanos tendrán que pagar todas las certificaciones que se expidan por fe de vida, matrimonio, adopción, defunción o nacimiento, entre otras.
Publicado o 19/02/2014 en www.pontevedraviva.com
Enlace permanente: pica aquí

Marcha sindical frente al Parlamento para reclamar empleo público


18 dic 2013


Varios centenares de la Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos piden no recortar "nuestros derechos"


Varios centenares de miembros de la Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos se han concentrado ante el Parlamento, mientras el pleno debatía los presupuestos de 2014, con una pancarta con la leyenda de "es público, es tuyo, sálvalo".

Durante la concentración, un grupo de un centenar realizó una marcha en torno a la manzana en la que se ubica el Legislativo, con una pancarta por "la defensa de los servicios públicos, que no recorten nuestros derechos".

Entre los lemas coreados por los miembros de la plataforma figuraron "la Xunta de Galicia recorta y privatiza" y "el partido que privatiza tiene el dinero en Suiza".

Carmen López Santamariña, coordinadora de la función pública de la CIG y portavoz de la plataforma, integrada por 18 organizaciones sindicales, declaró a los informadores que la Xunta y su presidente deberían "reflexionar" al aprobar los presupuestos para el 2014, que, en su opinión, "van a llevar al exterminio casi definitivo de los servicios públicos".

Para la sindicalista, en tiempos de crisis la protección a la sociedad tiene que ser mayor y no pueden desaparecer servicios básicos como los sociales, "en precariedad total", la sanidad, la enseñanza o la justicia, que se están poniendo "en manos del mejor postor, donde den mayor rentabilidad, en manos privadas".

Por su parte, Verísimo Pazos, de Comisiones Obreras, explicó que los presupuestos de 2014 son restrictivos, privatizadores y que ahondan el desmantelamiento de los servicios públicos y hacen recaer sobre los empleados públicos los costes de una mala gestión de la Xunta.

Pazos insistió en que la defensa de los servicios públicos es "fundamental para una salida justa de la crisis" y denunció que su deterioro "entra en la ofensiva neoliberal en que está inmerso este Gobierno".

José Brunete, del sindicato CSIF, comentó que los empleados públicos han demostrado "con creces" su capacidad de solidaridad con el país, ya que desde 2010 han perdido más de un 30 por ciento de su salario.

Agregó que se encuentran "hartos" de que el Gobierno los utilice "como instrumento para vender una gestión económica quizás no tan buena", ya que los empleados públicos son, a su entender, los "paganos" del déficit de Galicia, pues el 43 por ciento de la reducción "ha sido a costa de los empleados públicos".

Brunete denunció que Galicia en los dos últimos años ha perdido más de 22.000 empleos públicos, en unos servicios que se están prestando "a través de empresas privadas".

Finalmente, José Manuel Vázquez, secretario general de la federación de servicios públicos de UGT-Galicia, dijo que la concentración de hoy pretende dar respuesta a "un cúmulo de medidas injustas" que están padeciendo unos empleados públicos que han perdido más del 25 por ciento de su poder adquisitivo en los últimos años.

Para Vázquez, la "destrucción y sangría" del empleo público repercute en la calidad de los servicios que se prestan a la ciudadanía, que afecta a sus derechos en una situación de crisis en la que las necesidades mas básicas y elementales se acentuaron.

Durante la concentración se acercaron a los sindicalistas diputados de los grupos de la oposición, entre ellos el portavoz socialista José Luis Méndez Romeu, quien dijo que los presupuestos de la Xunta serán aprobados "con una total indiferencia y menosprecio del Gobierno de Galicia sobre la necesidad de los servicios públicos".

Méndez Romeu denunció que el PP rechaza cualquier tipo de modificación y ahonda en el recorte que están sufriendo los servicios de enseñanza, sanidad o los servicios sociales y de dependencia y, en general, todos los servicios que son prestados por empleados públicos, que son los que garantizan la equidad, igualdad y no discriminación entre los ciudadanos.

Para ilustrar esta actitud del PPdeG, añadió que grupo había presentado más de 700 enmiendas a los presupuestos y la mayoría parlamentaria no ha aceptado "ni una sola".

Por su parte, Francisco Jorquera, del BNG, consideró que "el PP confunde su mayoría absoluta con la dictadura de la mayoría" y aprobará los presupuestos sin aceptar una sola enmienda, por lo que consideró que el PP "ha reducido el Parlamento a un simple apéndice de lo que dicta la Xunta de Feijóo".

Jorquera concluyó que los presupuestos de 2014 "ahondarán en la espiral del austericidio, van a seguir recortando servicios públicos y políticas sociales" y van a acentuar la crisis económica y situar a Galicia "al borde de la ruina".

Publicado o 17/12/2013 en www.farodevigo.es

Enlace permanente: pica aquí

Unos 300 manifestantes reciben entre abucheos a Rueda y a Juárez en la apertura del año judicial en Galicia


28 oct 2013


Unos 300 manifestantes, entre ellos miembros de la plataforma en defensa de los servicios públicos y de diversos colectivos sociales, entre ellos Stop Desahucios y la asociación de víctimas de violencia de género Ve-la Luz, han abucheado este viernes al vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y al delegado del Gobierno en Galicia, Samuel Juárez, a su llegada al acto de apertura del año judicial en Galicia.

Así, los manifestantes formaron un pasillo humano a las puertas del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), el cual minutos más tarde atravesaron ambos políticos bajo una sonora pitada y mientras las cerca de 300 personas gritaban '¡Fuera, fuera!'.

"A los corruptos por la puerta de atrás" o "Menos asesores y más trabajadores" fueron algunas de las proclamas que lanzaban los manifestantes en la protesta convocada ante las puertas del TSXG en defensa de unos "servicios públicos de calidad". A la protesta, convocada por el sindicato CIG en defensa de los servicios públicos, se ha sumado el colectivo Ve-la Luz que mantiene, desde el pasado día 14, una huelga de hambre indefinida para reclamar "un sistema de protección real" para las mujeres y sus hijos.

Al terminar el acto de apertura del año judicial y a preguntas de los medios, el vicepresidente de la Xunta ha mostrado su respeto a los manifestantes y ha defendido las políticas de la Xunta asegurando que el Gobierno gallego "ejerce la responsabilidad de gobernar".

Publicado o 25/10/2013 en www.20minutos.es

Enlace permanente: pica aquí










Concentración diante do Pazo da Xustiza da Coruña en defensa dos servizos públicos


25 oct 2013


A Plataforma Galega pola Defensa dos Servizos Públicos, da que forman parte CCOO e outras organizacións, convoca unha concentración para o 25 de outubro na Coruña.
Será ás 12 horas diante do Pazo de Xustiza, coincidindo coa celebración da apertura do ano xudicial.



24 de outubro, todos coa folga xeral no ensino


23 oct 2013


A comunidade educativa galega e todos os cidadáns en xeral estamos chamados a participar nesta xornada de folga o 24 de outubro contra os recortes, contra o decreto de bolsas e axudas, contra a privatización e a favor duns servizos públicos e de calidade. Participemos todos nas manifestacións convocadas nas sete grandes cidades galegas, ademais de no Barco de Valdeorras e Vilagarcía de Arousa.


MANIFESTACIÓNS convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público da que forma parte CCOO:

A CORUÑA: saída ás 19:30 h desde a praza da Palloza

FERROL: saída ás 11:30 h da praza de España

SANTIAGO DE COMPOSTELA: saída ás 12 h da Alameda

PONTEVEDRA: saída ás 19:30 h da praza da Ferrería

VIGO: saída ás 19:30 h do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz

VILAGARCÍA DE AROUSA: saída ás 19:30 h da avenida da Mariña (fronte á Casa do Mar)

OURENSE: saída ás 19:30 h da Subdelegación do Goberno

O BARCO DE VALDEORRAS: saída ás 11:30 h da praza do Concello

LUGO: saída ás 19:30 da rolda da Muralla (edificio administrativo)

Los funcionarios judiciales plantean huelga de 3 horas diarias contra los recortes y las reformas de Gallardón


18 oct 2013


La medida de presión, que irá a votación, "paralizaría" los juzgados - La merma salarial o la defensa del partido judicial motivan la protesta

"Lo que nos viene encima es muy fuerte; tenemos que ser una piña y doblarle la rodilla a la Administración". Antes del verano, tras protagonizar un sinfín de manifestaciones en la calle contra los recortes salariales y las reformas de Alberto Ruiz Gallardón, los funcionarios judiciales avisaban de que iban a recrudecer sus protestas. Y están en vías de ello. Los trabajadores decidirán, a través de una encuesta, si están dispuestos a ir a una huelga que se plantea a nivel estatal o gallego y, de ser así, qué tipo de paro ven más idóneo. Y los sindicatos judiciales, en una multitudinaria asamblea celebrada ayer a la que asistieron más de 150 trabajadores, ya propusieron la que consideran la fórmula más idónea para que sus reivindicaciones sean atendidas: una huelga de tres horas diarias por período indefinido con la que se conseguiría "paralizar" los juzgados.



Una huelga indefinida a jornada completa no fue la opción que se recomendó por la elevada merma salarial que supondría para los empleados públicos. La que se baraja pasaría por que los funcionarios parasen tres de las cinco horas diarias que hay fijadas de atención al público, lo que les permitiría "seguir cobrando" y, al mismo tiempo, lograr su objetivo: paralizar "sin parangón ni límite" la Administración de Justicia como medida de presión ante sus demandas. Ahora los trabajadores deberán votar, en una encuesta que se repartirá a cada uno de ellos previsiblemente en noviembre. Una vez se tengan los resultados de las decisiones de los funcionarios de todos los juzgados gallegos y españoles, se adoptará una decisión. "Si se vota ir a la huelga, los paros empezarán antes de final de año", avanzó ayer Pablo Valeiras, de CC OO Xustiza. El paro tendría ámbito estatal. "Y las seis centrales sindicales consideramos que si en Galicia sale sí, y en el resto de España no, la haríamos a nivel gallego porque hay motivos", añadió.

¿Los motivos de esta huelga? La cadena de recortes salariales y laborales que sufren estos trabajadores desde 2010 es uno de ellos. Algunos son "propios" de Galicia, como el ajuste en bajas laborales salvo supuestos específicos como ingreso hospitalario o accidente laboral. "Si tenemos que quedarnos 20 días en casa por neumonía nos costará unos 350 euros", ilustra Valeiras. Los funcionarios denuncian "discriminación" , ya que esta medida no afecta "ni a jueces ni a fiscales". "¿La gripe de ellos es distinta a la nuestra?", se preguntó otro portavoz sindical en la asamblea.

El impacto en los empleados públicos y en la ciudadanía en general de las reformas que impulsa Gallardón es otro de los motivos. La reforma que prevé la eliminación del partido judicial de Vigo y los juzgados de Paz, el tasazo ya en vigor, los cambios que se preparan en las leyes de enjuiciamiento civil y criminal... "Lo que viene es brutal; con esto en la mano sobrarían funcionarios y nos recortarían puestos de trabajo; hay que evitarlo", alertan. El portavoz de Xustiza de CCOO agrega que estas medidas afectan también "al conjunto de la ciudadanía", citando por ejemplo que las tasas, que causaron una caída de demandas, impiden a mucha gente pleitear. También lucharán contra la eliminación del partido judicial de Vigo y acusan a la Xunta de "no posicionarse" en su defensa.

Publicado o 18/10/2013 en www.farodevigo.es

Enlace permanente: pica aquí

Última semana de asembleas informativas nos xulgados de Galicia. #xustizamobilízase


15 oct 2013


A poucos días de finalizar o ciclo de asembleas informativas convocadas por todos os sindicatos da Administración de Xustiza en todo o Estado e, en particular, en Galicia, xa podemos adiantar o éxito da asistencia e participación dos traballadores a estas asembleas.

Durante estas semanas puidemos observar que o seguimento masivo produciuse tanto nas cidades onde as asembleas e mobilizacións teñen habitualmente unha repercusión moi importante coma noutras cidades que historicamente non se caracterizan por este feito.

Esta semana remataremos o ciclo de asembleas nas cidades de Galicia e no días pasados realizámolas en de Ourense, Padrón e Santiago cunha porcentaxe de participación moi alta, sobre todo se temos en conta que os Xulgados non se poden pechar.

O mérito da participación masiva nas asembleas de traballadores, tanto nas cidades grandes como nas pequenas, non é máis que do Sr. Rajoy e os seus recortes -paga extra 2012, supresión de seis días de asuntos particulares, dos días adicionais de vacacións e de asuntos propios, redución das prestacións da MUGEJU, mobilidade forzosa fóra do municipio, conxelación de oposicións e promoción interna, privatización do Rexistro Civil, privatización dos actos de comunicación e execución, reforma da Lei de Demarcación e Planta, supresión dos Xulgados de Paz, Lei de Taxas...- e dos Sres. Feijoo e Alfonso Rueda, así mentres que no resto do Estado os funcionarios de xustiza sufriron a conxelación dos seus salarios tanto neste ano como no que vén (coa excepción de Cataluña), en Galicia por estes Sres. acordouse para este ano e para o próximo: a subtracción de parte das nosas retribucións (dende os 830 euros que lle subtraen aos funcionarios de auxilio ata os 2896 euros do director do Imelga, pasando polos 938 euros dos tramitadores e 1096 euros dos xestores).  

A maiores os Sres Feijoo e Rueda queren ditar unha regulación en materia de ITs que supoñerá un trato discriminatoria dos Corpos Xerais da Administración de Xustiza (auxilios, tramitadores, xestores e forenses) en relación cos xuíces, maxistrados e fiscais. Así mentres para un maxistrado ou fiscal ter unha gripe, unhas papeiras ou outra enfermidade contaxiosa non supoñerá ningunha mingua nas súas retribucións, para un auxilio, tramitador... supoñerá unha perda de retribucións de aproximadamente 30 euros por día os tres primeiros días (90 euros) e duns 15 euros por día do 4º ao 20º día de baixa.

Por se todo isto fose pouco, en Galicia acordouse a amortización de facto de 106 prazas. De feito estas amortizacións producíronse xa nalgunhas Audiencias Provinciais e Xulgados de Paz. 

Se a participación masiva nas asembleas destes días se ve ratificado polos traballadores na votación de mobilizacións que terá lugar nos vindeiros días en todos os centros de traballo de Galicia, non cabe dúbida que conseguiremos dobregar á Administración na súa carreira de recortes.

Só unha mobilización contundente e maioritaria dos traballadores da Xustiza poderá facer fronte ás inxustizas, á supresión de dereitos e salarios e a todos os recortes que vimos sufrindo nos últimos anos.


Concentración ante la Mugeju


11 oct 2013


El pasado 9 de octubre, bajo el lema "Por una Mutualidad de tod@s y para tod@s"  delegados de CCOO y del resto de los sindicatos representativos y trabajadores de la Administración de Justicia nos concentramos ante la sede de la Mutualidad General Judicial en Madrid para mostrar a la Gerencia de la MUGEJU y al Ministerio de Justicia un rotunda oposición al proyecto de reforma del Reglamento de Órganos de Gobierno y Representación con el que pretender.  Si prospera esta reforma dejarán de elegirse democráticamente a los representantes de los y las mutualista y será designados directamente el Ministerio de Justicia, garantizando la presencia de Jueces y Fiscales en dichos órganos y, los demás mutualistas, ya no tendrían representación en la Comisión Rectora que sustituirá a la actual Comisión Permanente.

 Como os venimos informando CCOO ha presentado un extenso informe de alegaciones rechazando  el citado proyecto. 

NO PERMITAMOS QUE LA GERENCIA DE LA MUGEJU SIGA ACTUANDO CON TOTAL Y ABSOLUTO DESPRECIO HACIA LAS Y LOS MUTUALISTAS.

NO A LA REFORMA DEL REGLAMENTO DE LA MUGEJU POR IMPOSICIÓN.

NO LO DUDES, MOVILÍZATE  Y  ¡¡¡LUCHA!!!

Medio millar de funcionarios protestan en San Caetano contra los recortes a los servicios públicos


10 oct 2013


Los trabajadores se han manifestado ante lasede de la Xunta en Santiago para criticar los cambios en sus condiciones de trabajo

Unos quinientos funcionarios convocados por todos los sindicatos de las distintas áreas de la Función Pública en Galicia se han manifestado hoy contra los «recortes» de la Xunta a los servicios públicos y a sus condiciones de trabajo.

Llegados de todas partes de la comunidad, se han concentrado ante la puerta principal del recinto administrativo de San Caetano, sede del Ejecutivo autonómico, y han recorrido su perímetro mientras gritaban consignas como «la Xunta de Galicia estafa y privatiza» o «quien privatiza tiene cuentas en Suiza» y «lo público es servicio, lo privado beneficio».

Ramiro Otero, de Comisiones Obreras, ha criticado las rebajas salariales a los empleados públicos, así como «el empeoramiento» de las condiciones de trabajo impulsado por el Gobierno gallego «mientras la Xunta recurre al titular del teletrabajo como cortina de humo».

Carlos Fernández, de UGT, también ha reprochado a la Xunta que aplique «recortes salariales» y lo anuncie a la prensa antes que a los representantes de los trabajadores, mientras que Carmen López, de CIG, ha asegurado que el Gobierno gallego «ataca» por otras vías, además de las rebajas salariales, «como la tasa de reposición cero».

Publicado o 10/10/2013 en www.lavozdegalicia.es

Enlace permanente: pica aquí

La Cumbre Social impulsará la convocatoria de una GRAN MOVILIZACIÓN a mediados de noviembre


2 oct 2013


Acompañamos enlace a un novo número de Gaceta Sindical no que se recolle o  debate e conclusións da 11 reunión da Cumbre Social, celebrada onte, entre as que destaca a convocatoria dunha gran mobilización para mediados de novembro contra as políticas de recortes do Goberno.

Unha mobilización que estará precedida por tres importantes accións reivindicativas e de loita o 7 e o 17 de outubro, con motivo do Día Mundial polo Traballo Decente e a Xornada Mundial contra a Pobreza; e o 24 de outubro cunha folga xeral na Educación contra os recortes e a defensa do ensino público.



Asembleas semana do 30 de setembro ao 4 outubro de 2013


27 sept 2013




Os cinco Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Galicia, CC.OO-USO-UGT-CSI-CIG, continuaremos os próximos días 1, 3 e 4 de outubro as asembleas informativas para explicar a todos os traballadores (funcionarios e persoal laboral) da Xustiza de Galicia a repercusión que terán sobre as nosas condicións laborais e retributivas e, por extensión, aos dereitos dos cidadáns, os recortes económicos e de dereitos, as medidas privatizadoras e demais reformas lexislativas dos distintos gobernos do Partido Popular que pretenden acabar coa Xustiza como Servizo Público. O obxectivo das asembleas é acordar un calendario de mobilizacións consensuado con vós, para loitar contra a degradación das nosas condicións laborais e retributivas da maneira máis contundente.

DATAS E LUGARES DAS ASEMBLEAS


01 de outubro                                                  03 de outubro

A CORUÑA                                                                         A CORUÑA / LUGO
09.30 h  Carballo                                                                 10:00 h Ortigueira
13.00 h  Negreira                                                                 13:00 h  Viveiro

PONTEVEDRA                                                                  PONTEVEDRA
09.30 h  A Estrada                                                                09:30 Tui
13.00 h  Lalin                                                                         13:00 Ponteareas

OURENSE                                                                          OURENSE 
10.00 h   Pobra deTrives                                                     10:00 O Carballiño
12.30 h   Barco Valdeorras                                                 12:00 Ribadavia
                   
LUGO -  
09.30 h  Monforte de Lemos
13.00 h  Chantada

04  de Outubro

LUGO  
09.30 h  Vilalba
13.00 h  Mondoñedo



A pesares de que o Sindicato Staj non compareceu nas asembleas da semana pasada, cando estaba públicamente invitado (Cangas, Marín, Bande, Celanova, Xinzo, Verín, Betanzos e Ordes) volvemos a convocalo para que participe nas asembleas da semana do 30 o 4 de outubro 2013.

TODOS XUNTOS PODEMOS

Participación masiva de traballadores nas asembleas informativas





No segundo día de asembleas volveuse a repetir a participación masiva de traballadores, esta vez foi nos Xulgados de Celanova, Bande, Xinzo e Verín

O igual que pasou no día anterior nas vilas de Cangas e Marín, tras explicarlle aos traballadores a situación actual, trasmitíronnos a súa preocupación por ésta e pola que vai acontecer de non ser quen de parar as medidas de recortes do Goberno de Feijoo (supresión entre 850 e 2500 € do CAT) e os que poda tomar o de Rajoy no futuro, mostrando un gran interés en participar nas mobilizacións que decidan realizarse en toda Galicia.

Nas asembleas tratáronse os seguintes temas.

- Como nos afectan as reformas lexislativas que se están a realizar polo goberno do estado e que están sendo deseñadas polo Ministro de Xustiza Ruiz. Gallardón

- A conxelación salarial que decidiu o goberno central dos funcionarios públicos e a súa contraposición cos Recortes propios do Goberno de Galicia (supresión dun 4% da Masa Salarial no ano 2013, e a mesma merma, que fixo público a través dos medios de comunicación, para o ano que ven, a amortización de 106 prazas, etc).

- E todavia queda por entrar en vigor o desconto por as baixas médicas que como sabedes discriminan de maneira vergoñenta ós Xestores, Tramitadores, Auxilios e Forenses con respecto a Maxistrados e Fiscais.

- Explicación detallada das mobilizacións que se están a levar noutras comunidades autónomas como Cataluña, ou as xa realizadas con éxito en Navarra

- Explicación da enquisa que se recollerá entre os traballadores despois do 18 de Outubro coas mobilizacións que queremos realizar en Galicia, e que intentaremos facer coincidir co resto do Estado se é posible, xa que mentres na gran maioría do Estado os funcionarios son conxelados, aquí en Galicia nos reducirán entre 850€ e 2500€ (Aux-Tram-X e Forenses) o noso soldo.