Mostrando entradas con la etiqueta Censura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Censura. Mostrar todas las entradas

Xustiza para todos no 22M


24 mar 2014




Centos de miles de persoas percorren as rúas de Madrid e expresan con claridade: hai que acabar coas políticas do gobernó que condenan á pobreza, ao paro e a marxinalidade a millóns de persoas mentres un 1% da poboación segue a acaparar máis do 75% da riqueza.

 Nunha burda manipulación, a policía e os medios de comunicación falaban de 50.000 persoas participantes nas marchas, cando deberían recoñecer que chegaron a Madrid máis de 900 autocares, trens e multitude de coches particulares. Os oito carrís do Paseo do Prado e Recoletos, máis os bulevares, por una lonxitude de dous kilómetros e medio estaban totalmente abarrotados, una hora detidos na Glorieta de Atocha, mentres a cabeceira chegaba a Colón, multitude de persoas estaban aínda en Atocha… Cando se minte tan descarademente, pérdese todo o creto.

Dende o comezo desa mobilización sabíase cal era a estratexia do Goberno: ignorar as marchas agochanto toda información sobre o 22 de marzo, organizar desplegué policial desmesurado e converter o triunfo das clases populares nunha das manifestacións máis grandes da historia nun problema de orde público.

Manipúlase a información para criminalizar a protesta, xustificar a lei de inseguridade cidadá e intentar anular o éxito da mobilización. As cargas policiais antes de acabar o acto puideron por en risco a seguridade de centos de miles de persoas que transitaban pacíficamente pola Praza de Colón e arredores.

Os traballadores da Administración de Xustiza participamos de forma activa nas marchas, uns na pancarta de “Justicia para todos” e outros integrados nas súas respectivas columnas.



Tres meses denunciando a "manipulación" dos telexornais


8 jul 2013



As denuncias por manipulación na TVG continúan. A través do blog elaborado polo comité de empresa, traballadores da canle pública analizan o tratamento informativo dunha morea de noticias nos informativos da televisión autonómica. Con xa tres meses de vida, a bitácora -creada o pasado mes de abril ao aumentarse a manipulación e represión a raíz dos masivos casos de corrupción, tal e como denunciaron os representantes dos traballadores en Praza- está a un paso de chegar ás 40.000 visitas.
O blog de denuncia dos traballadores da TVG cumpre tres meses a un paso das 40.000 visitas
Son  milleiros os galegos, xa que logo, que acceden ao blog EuNonManipulo para coñecer o tratamento que desde a TVG se lle dá ás novas desde o punto de vista dos representantes dos traballadores, así como as diferentes "varas de medir" segundo os protagonistas das informacións. "O blog tamén se fai para que os traballadores da televisión pública sexamos conscientes de que temos unha responsabilidade que cumprir", insistían os seus creadores hai uns meses.
A bitácora, que comezou a coller folgos coa análise do curioso xeito que a canle pública tiña para informar das polémicas fotografías de Feijóo con Marcial Dorado ou dos datos económicos, achega nos últimos días probas do que consideran outra grave "manipulación" por parte dos servizos informativos da canle.
Así, o blog repara na entrevista a Pablo Crespo publicada polo Faro de Vigo e na que o ex secretario de organización do PPdeG ameaza con tirar da manta e insinúa posibles casos de corrupción no partido. "A Televisión Pública Galega non fai referencia a esta información que ocupa importantes espacios nos medios de todo o Estado español", indica a bitácora engadindo enlaces a diferentes fontes, tras destacar que "nin tan sequera se emitiron as declaracións que fixo a deputada e voceira do PP, Paula Prado, sobre este asunto nunha rolda de prensa que cubriu TVG".
E só un exemplo. Durante estes tres últimos meses, foron moitos os artigos colgados no blog que chamaron a atención dos lectores que descobren a través dos textos as novas que nunca saen no Telexornal ou que son claramente manipuladas. A bitácora vén de colgar top ten das dez entradas máis visitadas. Entre elas, dá conta da vinculación que os informativos fixeron entre o BNG e Herri Batasuna a raíz dunhas declaracións do presidente Feijóo, a equiparación que se fai da masiva manifestación contra a megaminería e unha reportaxe sobre unha viaxe pagada polas multinacionais a Asturias ou o silenciamento da absolución do presidente da Mesa, Carlos Callón, tras a denuncia dun xuíz da Coruña.
Publicado o 06/07/2013 en www.praza.com
Enlace permanente: pica aquí

O Colexio de Xornalistas cre que a reforma procesal penal de Gallardón suporá "a reinstauración da censura"


26 abr 2013



O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Col.legi de Periodistes de Catalunya e o Colegio Profesional de Periodistas de Andalucia denuncian que que o anteproxecto de Código Procesal Penal, que prepara o Ministerio de Xustiza e que substituirá á vigente Lei de Enxuizamiento Criminal, outorgaralle ao fiscal "a facultade de instrutor, pero tamén, baixo a aparencia de convertelo no portavoz da instrución ante os medios, transformarao de facto nun censor".
A norma outorgaralle ao fiscal "a facultade de instrutor, pero tamén, baixo a aparencia de convertelo no portavoz da instrución ante os medios, transformarao de facto nun censor"
Segundo o Colexio, a proposta pretende limitar o dereito fundamental á información nunha dobre vertente, por unha banda facultando ao fiscal como instrutor para prohibir informar a todos os cidadáns que interveñan nun proceso, atribuíndolle en exclusiva a facultade de informar aos medios, o que limita gravemente o acceso ás fontes e a posibilidade de contrastar a versión oficial, e doutra bandaposibilita que se poida ordenar o cese da difusión do proceso a través dos medios de información, baixo os criterios genéricos de que se poida comprometer o dereito a un proceso xusto ou os dereitos fundamentais dos afectados.
Posibilita que se poida ordenar o cese da difusión do proceso a través dos medios de información
O borrador do Código Procesal, no artigo 132, párrafo 3, establece que "durante a fase de investigación o Fiscal poderá requirir ao encausado, testemuñas, peritos profesionais, ou a calquera terceiro que haxa ter acceso á información que conveña manter reservada, que se absteñan de revelar fóra do proceso o contido das declaracións ou calesquera datos ou informacións sobre os feitos investigados dos que tiver coñecemento". E tamén, finalizada a investigación, o fiscal poderá solicitar ao Tribunal que estenda ese sixilo ata a apertura da vista oral. É dicir, que o ministerio público pode impoñer durante todo o tempo -meses ou anos- que dure a investigación que ninguén relacionado co caso, non xa o encausado nin os letrados que o defenden ou acusan, senón calquera testemuña ou perito, revele ou comente nada do que dixera ou escoitara sobre o asunto.
Dado que pretender facer cumprir tal sixilo vai resultar máis imposible aínda que o actual segredo do sumario, o anteproxecto ataca o problema de raíz: a difusión pública: "Se difundir públicamente por calquera medio información sobre o proceso, con vulneración do segredo das actuacións ou no seu caso dos deberes de sixilo e reserva previstos neste Título, o Tribunal de oficio ou instancia do Ministerio Fiscal poderá acordar, previa ponderación dos intereses en conflito o cese da difusión, sempre que esta puider comprometer gravemente o dereito a un proceso xusto ou os dereitos fundamentais dos afectados" (art. 132.4). Ou sexa, segundo unha previa ponderación que non parece distinguible do libre albedrío, o Tribunal pode acordar que se deixen de difundir declaracións que se prestaron ou feitos que se produciron.
Dado que pretender facer cumprir tal sixilo vai resultar máis imposible aínda que o actual segredo do sumario, o anteproxecto ataca o problema de raíz: a difusión pública
Segundo o Colexio de Xornalistas, "a forma en que se lle asigna ao fiscal a función de único portavoz é máis dotalo dun interruptor que dun altofalante". O Colexio manifesta o seu "malestar" porque "na elaboración dunha norma tan importante, aínda que sexa en fase de anteproxecto, que vén substituír a outra máis que centenaria, non se consultaron aos organismos profesionais en aspectos tan delicados -e tan, como reza a redacción do borrador, de interese público- como a transparencia da xustiza cara á sociedade e a publicidade dos procesos xudiciais, dos que os medios son os intermediarios esenciais".
Publicado o 25/04/2013 en www.praza.com
Enlace permanente: pica aquí

Carta de Beiras a Pilar Rojo sobre o acceso da cidadanía ao Parlamento.


8 feb 2013


Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012 
Sra. Presidenta do Parlamento de Galicia. PAZO DO HORREO. 


Señoora Presidenta, 

Por cortesía parlamentar acuso recibo e paso a dar resposta a sua comunicacion de data 05/02/2013 (rex.saida n° 843) coa que achega un "Borrador de criterios de ordenacion do acceso do publico as tribunas" e mais un modelo de documento, rotulado "Orde nas tribunas do Parlamento", que se pretende sexa asinado por cada cidadan convidado a presenciar unha sesion plenaria desta camara. 

Debo manifestarlle que o GP da Altemativa Galega de Esquerda ( AGE) unanimemente considera non pertinentes, tanto os contidos do "Borrador", agas o do punto 1, canto a pretension de facer asinar a "Orde" a calquer cidadan que acceda como convidado a tribuna destinada a tal efecto no salon de plenos. Concordarmos con eses dous documentos equi valería, primeiro, a aceptarmos por a priori baixo sospeita a cidadans en pleno exercizo responsabel dos seus dereitos, liberdades e obrigas constitucionais e, segundo, asumirmos, individualmente como deputad@s e colectivamente como grupo parlamentar, funcions de carácter para-policial impropias e contraditorias tanto coas obrigas e cometidos inherentes a nosa condicion de representantes eleitos dos cidadans, a cuxa defensa nos comprometemos e para o cal cometido estamos amparados polas prerrogativas constitucionais de inmunidade e/ou inviolabilidade, canto coa natureza xuridicopolitica intrinseca de toda camara de representantes. 

As "normas" enumeradas no seu "Borrador" -agas, reitero, a do punto 1- non teñen, na nosa modesta opinion, os contidos congruentes co enunciado de "criterios de ordenacion", senón que máis ben constituen un a xeito de repertorio de artigos dun regulamento de control, disciplina e sancion de persoas que pretendan acceder a algun recinto de alta seguridade como, por caso, as visitas aos recluidos nun centro penitenciario. Endemais, nese "Borrador" manexanse nocions cuxos contidos semanticos non se esplicitan nen concretan, como por exemplo as de "desorde" e "alteracion da orde" (nos puntos 4, 5 e 7), e verbo dos cales, tanto nas reunions informais convocadas por Vde. canto na Xunta de Portavoces, púxose de manifesto que existian grandes discrepancias entre a interpretacion que lle dabamos nós e vostede respeitivamente. A leitura demorada dese "Borrador" fainos concluir que a moi leal clareza coa que nos expresamos nesas sesións de aparente dialogo non achou a menor receptividade por parte do vostede para cando menos modular a súa posición inicial a respeito do problema tratado nelas. 

Reitérolle que o Parlamento é a casa dos representantes do povo soberano e, como tal, debe estar aberto sen cortapisas a presencia de cidadáns nas súas sesións públicas, agás en circunstancias excepcionais de inseguridade manifesta, que de ningún xeito se están a dar. Incidentes acontecidos no pasado nesta Camara, moito máis graves que os recentes -como a agresión física a unha deputada do grupo socialista por parte dunha coñecida militante do Partido Popular- non foron obxecto de ningunha reacción disciplinaria por parte dos órgaos de gobemo deste Parlamento. Reitérolle tamén a nosa diagnose de que os problemas que padecen cada vez máis segmentos da cidadanía, que se sinten desamparados ou mesmo agredidos polos poderes constitucionalmente obrigados a atendelos e defendelos, requiren respostas políticas que eles perciban encamiñadas a resolvérllelos, e non medidas represivas que os ofendan e criminalicen. Malfadadamente, as propostas que vostede enuncia tanto no seu "Borrador" coma na "Orde" son da segunda desas duas castes de resposta, e por iso non podemos compartilas nin, aínda menos, asumilas. Creame que o lamentamos todolos membros deste grupo parlamentar, porque viñemos a esta camara lexislativa para traballarmos a prol, non só dos nosos eleitores, senón do común cidadán que constitue a maioría social deste povo, a cada pouco máis maltratada polos causantes da grave crise económica, social e de valores democraticos que quen detentan os poderes lexislativo e executivo, tanto a nivel do Estado canto da Autonomia galega, non acertan a remediar nen aliviar. Velaí o auténtico problema, que inevitabelmente ten incidencia na vida de institucións políticas como esta cámara de representantes, máis que non se remedia con medidas que agraven a disociación e aumenten distanciamento que os cidadáns exercentes como tais perciben constantemente se agranda entre eles mesmos e as 'súas' institucións politicas.

Finalmente, quero asegurarlle a nosa vontade de contribuirmos, malia todo, a que as condicións de vida e traballo nesta casa sexan as óptimas posíbeis en tódalas súas dimensións, co único Iinde insalvabel do respeito das nosas conviccions ideoloxico-politicas democraticas levadas a pratica no irred utibel cumplimento do noso compromiso e as nosas obrigas cos cidadans que están a padecer os problemas que nós loitamos por contribuirmos a resolver. En democracia, ''O povo é quen máis ordena", permítame relembrarllo, señora Presidenta, e non os criterios peculiares de calquer organo de governo de calquer institución política. 

Cordialmente 

Asdo.: Xose M. Beiras Torrado 
Portavoz do G.P. da AGE.







La policía espera en la puerta del Teatro a una chirigota de Cádiz para controlar el contenido de sus pancartas


7 feb 2013


Cuando una fiesta como el Carnaval, que es la esencia de la libertad, celebra como preámbulo, un Concurso de Coplas, este debería ser ejemplo en este aspecto. Ni una letra, ni un repertorio, ninguna expresión, debería tener el mínimo control, para que cualquier idea pueda ser emitida por parte de los grupos, y percibida de la forma más directa por los espectadores, y que estos decidan al respecto.
Pero si..., un autor, un componente, una agrupación, una letra,..., un gesto, encuentra la más mínima traba para ser parte de la actuación, eso, es simplemente CENSURA, así, con mayúsculas. Por que a esta 'democracia', lo único que le falta, es que nos limiten también en los pensamientos. Una actitud fascista, que a muchos le puede parecer de lo más normal, pero ante la cual, un CIUDADANO DE VERDAD, tiene el deber de rebelarse, y decir, hasta aquí hemos llegado.
Este martes la chirigota de Quique Remolino, 'disfrutó' de una bienvenida muy especial. Media docena de policías, los esperaban en la puerta del Gran Teatro Falla, un control, que se extendió dentro de los camerinos, y que pretendía controlar el contenido de las pancartas que esta agrupación, mostraría en su actuación... Debieron quedar muy satisfechos de su trabajo, y se retiraron, pero esta 'simple' actuación, demuestra la calidad de nuestra 'democracia'.
Por nuestro lado, agradecer a los 'medios de comunicación tradicionales' su 'incapacidad' de dar a conocer lo que otros pretenden ocultar, se comprueba que son 'garantes' de la libertad, de quien los controla. Para terminar 'Con el (este) ayuntamiento de Cádiz, Sí'.

Publicado o 07/02/2013 en www.insurgente.org
Enlace permanente: pica aquí


Os traballadores da TVG denuncian o "agravamento" da "manipulación informativa" co caso Bárcenas


6 feb 2013



Os traballadores da TVG volven denunciar a "manipulación que padecen os informativos" da canle pública. A través dun comunicado, o comité de empresa da televisión pública denuncia as "presións e intervencións" que, segundo alertan, reciben "acotío" os profesionais do medio e advirten de que esta situación "agravouse nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política que están a sair á luz pública, como por exemplo o caso Pokemon ou, nos últimos días, o chamado caso Bárcenas".
"A manipulación agravouse nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política", denuncian
Os representantes dos traballadores consideran"especialmente penosas e vergoñentas" estas prácticas de "manipulación da televisión pública" no actual contexto de "grave crise económica e profundo deterioramento político e social". "Xusto cando unha cidadanía en gran parte empobrecida e indignada exixe máis que nunca o seu dereito de acceso a unha información veraz, plural e obxectiva", destacan.
O comité denuncia "a ausencia dun mecanismo que evite as presións" e urxen a creación do Estatuto Profesional
Ademais, o comité de empresa denuncia "a ausencia dun mecanismo que evite as presións coas que teñen que traballar cada día os profesionais" e que garanta "a liberdade e a indepencia no exercicio dos seus labores informativos".
Por todo isto, os representantes dos traballadores urxen a creación inmediata do Estatuto Profesional que contempla a Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, o  instrumento que, segundo a mesma lei indica, está “destinado a fortalecer a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos”.
"A Lei dos medios públicos que o Parlamento galego aprobou en decembro de 2011 obriga tamén a crear un Consello de Informativos, como órgano interno de participación dos profesionais da información da Corporación RTVG, que terá como obxectivos 'velar pola independencia, pola veracidade e pola obxectividade dos contidos informativos difundidos por todas as súas canles”, lembran para rematar.

Multa 600 euros por reprender a la Policía al detener un fotógrafo


30 ene 2013



El suceso se produjo en Peinador cuando David Cal regresaba de los Juegos Olímpicos de Londres

La subdelegación del Gobierno de Pontevedra ha multado con 600 euros a un hombre que reprendió a los policías que el 13 de agosto del año pasado redujeron a un fotógrafo del 'Diario de Pontevedra' que supuestamente agredió a un agente mientras se disponía a retratar al deportista David Cal a su regreso de los Juegos Olímpicos de Londres.
Imagen del día de la detención de Rafa EstévezEl suceso se produjo en la terminal del aeropuerto de Vigo cuando el multado, Juan García, tras ver como cuatro policías se abalanzaban sobre el fotógrafo (en la foto), les recriminó su actitud.
Según la comunicación enviada al acusado, firmada por el subdelegado del Gobierno, Antonio Coello, García originó "desórdenes graves en las vías al recriminar a los agentes su actuación durante una detención gritando frases como 'represión policial' o 'represores', intentando provocar reacciones (sic) en el público del aeropuerto de Vigo".
García niega que tratase de arengar a nadie y en declaraciones a Efe aduce que solo quiso mediar para que los agentes se contuviesen en una actuación que entiende desproporcionada -un "exceso", censuraron en su día el Colexio Profesional de Xornalistas o el alcalde de Pontevedra- y dice que les gritó: "¡Pero queréis parar! o ¡Me parece una barbaridad lo que estáis haciendo!".
"Estaba en el público y vi la barbaridad que se estaba cometiendo, aquello no era una manifestación, era una fiesta del deporte", lamenta García, que se acercó aquel día al aeropuerto por su amistad con la familia de el triatleta Javier Gómez Noya y que ahora denuncia que la policía "quiere llevar el tema por una cuestión de si había independistas", algo que niega.
El fotógrafo acusado sigue pendiente de juicio por la supuesta agresión, "un cabezazo que alcanzó en la zona de boca y nariz" a uno de los policías, según la versión que en su día dio la Subdelegación del Gobierno.
García, por su parte, recurrirá la multa por vía administrativa.
Publicado o 30/01/2013 en www.farodevigo.es
Enlace permanente: pica aquí