Publicación no DOG da convocatoria de bolsa de persoal interino de xustiza en Galicia


28 abr 2026









Con data 28/4/2026 publicase no DOG a convocatoria do  proceso de formación de bolsas de persoal interino para desempeñar interinamente os postos de persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial nos órganos da Administración de xustiza en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible desde a páxina web da consellería competente en materia de xustiza.

.- Para ver a resolución completa, preme aquí