Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas

Unidades concurso de traslados cos códigos RPT


17 nov 2025











A Dirección Xeral de Xustiza remite a CCOO e ao resto de organizacións sindicais, as listaxes das unidades do concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza convocado por resolución do 27 de outubro de 2025, nas que se inclúen os códigos da RPT.

Procédese así mesmo á súa publicación na intranet e na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Estas listaxes teñen carácter informativo, corresponde ao Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relación coas Cortes a adxudicación dos postos.


. -Para ver aslistaxes das unidades do corpo de  xestión, preme aquí

. -Para ver as listaxes das unidades do corpo de tramitación, preme aquí

. -Para ver as listaxes das unidades do corpo de auxilio, preme aquí

Concurso de traslado Fase I Galicia: Relación provisional de vacantes


5 sept 2025


 






A Dirección Xeral de Xustiza, remite a CCOO e ao resto de organizacións sindicais, a relación provisional de vacantes para o concurso de traslados dos partidos xudiciais afectados pola fase I da implantación da nova oficina xudicial, na que se inclúen as prazas vacantes que foron retiradas do concurso 2024 e as resultas xeradas neste concurso.

Para ver o listado provisonal de prazas vacante, preme aquí 



Galicia: publicada a instrución sobre cesamento e tomas de posesión derivadas da resolución definitiva do concurso de traslado


9 jun 2025




Saíu publicada na intranet  de xustiza, a instrución sobre cesamentos e tomas de posesión derivada da resolución definitiva do concurso de traslados convocado pola Resolución do 16 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza.


  1. Persoal procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
    • Fotocopia do DNI
    • Cesamento
    • Certificado ou copia dos trienios recoñecidos
    • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios) 
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o núm. de afiliación da Seguridade Social (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUXEXU
    • Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados no 2025 na Administración da que procedan. A certificación deberá indicar os días de vacacións e asuntos particulares correspondentes a 2024 que, de ser o caso, estean pendentes de desfrutar por razóns xustificadas.
    • Modelo 145 (IRPF) 
  2. Persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia
  3. Persoal que obtén destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

O persoal que obteña un novo destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario.

Tamén deberá facer entrega desta no caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos.

Así mesmo, no caso de contar coa tarxeta de identificación especial por razón do destino que viña desempeñando, deberá devolvela ao servizo de persoal correspondente.

Teléfonos das habilitacións (delegacións e direccións provinciais)

  • A Coruña: 981 184 571
  • Lugo: 982 294 311
  • Ourense: 988 386 012
  • Pontevedra:  986 817 003
  • Para ver a instrución completa da DXX, preme aquí

Galicia: instrución sobre cesamentos e tomas de posesión derivados do concurso de traslado 2022


1 mar 2023







Publicouse a instrución da Dirección Xeral de Xustiza sobre cese e tomas de posesión derivadas do concurso de traslado convocado por resolución de 18 de agosto de 2022 .

- Para ver a instrución completa, preme aquí

Novo retraso na publicación do concurso de traslado: 14 de marzo


23 feb 2022


 




 

O Ministerio de Xustiza comunicou que está prevista a publicación o día 14 de marzo da resolución definitiva do concurso de traslados.

 

Os ceses terán lugar:

 

  • O día 18 de marzo o corpo de tramitación.

  • O día 25 de marzo os corpos de xestión e auxilio.




Convocatoria de concurso de traslados de Letrados de la segunda categoría


28 jun 2021



LETRADOS
Publicado en el BOE de 28 de junio.

Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia

Orden JUS/672/2021, de 22 de junio, por la que se convoca concurso de traslado para la provisión de puestos de trabajo para el Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia.

PDF (BOE-A-2021-10694 - 5 págs. - 272 KB)     Otros formatos

 


Convocatoria de concurso de traslados ordinario de Letrados de la Administración de Justicia.


3 may 2021



Tal y como anunció CCOO, se convoca en el BOE de 3 de mayo de 2021 Concurso de Traslados de Letrados.


LETRADOS

Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia

Orden JUS/426/2021, de 20 de abril, por la que se convoca concurso de traslado para la provisión de puestos de trabajo para el Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia.

PDF (BOE-A-2021-7234 - 25 págs. - 924 KB) Otros formatos

"Los Letrados de la Administración de Justicia que participen en el presente concurso de traslado, cumplimentarán su solicitud, con carácter obligatorio, por medios telemáticos a través del Asistente de Inscripción, al que podrán acceder desde el Portal de la Administración de Justicia (acceso Área Privada-Escritorio de trabajo-Aplicación AINO@), cumplimentando todos los apartados que se le exijan.

Sólo se podrán presentar las solicitudes por otros medios cuándo existan motivos justificados y previa autorización de la Subdirección General para la Innovación y Calidad de la Oficina Judicial y Fiscal, autorización que se solicitará al correo electrónico: letradosaj@mjusticia.es.

Esta modalidad de solicitud podrá presentarse en la forma prevista en el artículo 16 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas. Si dichas solicitudes se presentaran a través de las Oficinas de Correos deberán ir en sobre abierto para ser fechadas y selladas por el funcionario correspondiente antes de ser certificadas e irán dirigidas al Área de Letrados de la Administración de Justicia de la Subdirección General para la Innovación y Calidad de la Oficina Judicial y Fiscal (C/ San Bernardo, N.º 19, 4.ª planta despacho 409 - 28071 Madrid). Una vez presentadas las solicitudes por otros medios, se adelantarán en formato electrónico a la dirección letradosaj@mjusticia.es.

Se concede un plazo de diez días hábiles a partir del día siguiente a la publicación en el BOE, para que los interesados puedan formular sus peticiones con sujeción a los preceptos aludidos."


Resolución concurso de traslado de plazas vacantes genéricas de la MUGEJU


9 mar 2021



  • Se publicará en el BOE de 15 de Marzo de 2021.

El Ministerio de Justicia ha remitido la Resolución de adjudicación del concurso de traslados de puestos genéricos de MUGEJU (Servicios Centrales) de plazas vacantes de Gestión y Tramitación Procesal.


Mugeju, por la salud


Recordamos que este concurso de traslado es el primero de los que se deben convocar con todas las plazas vacantes de la Mutualidad General Judicial, tras las numerosas sentencias ganadas por CCOO que han obligado a anular las RPT impuestas por el Ministerio de Justicia y la Mugeju, negociar unas nuevas y lograr, por fin, tras años de perseverancia y presión de CCOO, que todas las plazas vacantes de la Mutualidad se convoquen a concurso de traslado, la mayoría de puestos genéricos y algunos por concurso específico (esencialmente las plazas de informática y contabilidad).


Cuestiones a tener en cuenta sobre el cese y toma de posesión de este concurso de traslado:


El cese en el destino de origen de los adjudicatarios deberá efectuarse dentro de los tres días hábiles siguientes a la publicación de la presente Orden en el “Boletín Oficial del Estado”, y la toma de posesión del nuevo destino obtenido por concurso se producirá en los tres días hábiles siguientes al cese, si no hay cambio de localidad del funcionario, o en los ocho días hábiles siguientes si implica cambio de localidad dentro de la Comunidad Autónoma, y veinte días hábiles siguientes si implica cambio de Comunidad Autónoma, con excepción de la Comunidad Autónoma de Canarias, Comunidad Autónoma de Illes Balears, Ciudad de Ceuta y Ciudad de Melilla, en que será en el mes siguiente, tanto si el puesto de trabajo en las islas o en las ciudades es el de origen como si es el de destino. El plazo posesorio será retribuido por la Administración competente respecto a la plaza obtenida en concurso.    

Enlaces a la acción sindical de CCOO en los últimos años sobre la presión que hemos ejercido sobre Mugeju y Ministerio de Justicia, que han permitido esta primera convocatoria de concurso de plazas vacantes de Mugeju, tras años de vulneración del sistema legal de provisión de puestos de trabajo

 


Concurso de traslados. Correción de erros na Resolución do 11 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Xustiza


23 feb 2021


 

 


 

 



 Hoxe publicouse no Dog unha corrección de erro na  Resolución do 11 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 28 de xullo de 2020.

 

Na páxina 10785, no punto noveno, onde di:

«Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados en que non se atope aloxamento na localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados, amplíaselles o prazo de cesamento e de toma de posesión durante o tempo imprescindible que sexa necesario para solucionar o caso concreto en que se atope a persoa afectada.

Para o efecto, comunicarán a referida circunstancia á xerencia territorial ou ao órgano competente da comunidade autónoma correspondente, achegando a documentación acreditativa da imposibilidade de asistir a tomar posesión no destino adxudicado. Unha vez que finalice a causa da dita imposibilidade, deberán comunicalo tamén á xerencia ou comunidade autónoma, e cesará o día seguinte ao da devandita notificación, contando entón os prazos posesorios establecidos nos puntos sexto e sétimo».

Debe dicir:

«Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados que non atopasen aloxamento na nova localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados amplíaselles o devandito período.

Para iso, unha vez que finalice o prazo de toma de posesión establecido nos puntos sexto e sétimo, se continúan sen atopar aloxamento deberán comunicalo á xerencia ou comunidade autónoma e achegar a documentación xustificativa suficiente, e prorrogaráselles o prazo durante os tres días hábiles seguintes, debendo tomar posesión o cuarto día hábil no seu órgano de destino.
 
Para ver a Resolución completa, preme aquí

 


 


Nova listaxe de vacantes de Galicia para o concurso de traslados 2020


30 jun 2020








 A Dirección Xeral de xustiza remitiunos hoxe  unha nova listaxe de prazas vacantes en Galicia para o concurso de   traslados 2020.


 Para ver a relación completa das vacantes  , preme aqui








Concurso de traslados 2020.- Relación provisional de prazas vacantes en Galicia .


9 jun 2020










A Dirección Xeral de Xustiza deunos traslado da relación  provisional das prazas vacantes en Galicia  para o vindeiro concurso de 2020.

Nesta relación inclúense todas as xubilacións ata o 31 de xullo de 2020. Xunto coas prazas vacantes e desertas e as de órganos de nova creación, inclúense os novos postos derivados do Acordo asinado por CCOO o pasado 23 de maio de 2018 para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo na Administración deXustiza de Galicia no seus puntos 4 e 5.

 Se sabedes dalgunha praza vacante  ou xubilacións que se vaian a producir antes do 31 de xullo de 2020 e que non aparezan nesta relación, nolo comunicais  o máis axiña posible  para remitilas  á DXX para que sexan incluidas na lista definiva.


Relación provisional das  prazas  vacantes para o concurso 2020

Concurso de traslados. Corrección de erros.


30 jul 2019




Publicouse unha corrección de erros da Resolución do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.
  • Ligazón:

Publicada a resolución do concurso específico de méritos pra a provisión dun posto de traballo na Fiscalía Provincial da Coruña


27 nov 2018








Publícousese na intranet de xustiza a Resolución do 12 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión dun posto de traballo na Fiscalía Provincial da Coruña, convocado por Resolución do 15 de xuño de 2018.