Galicia: publicada a instrución sobre cesamento e tomas de posesión derivadas da resolución definitiva do concurso de traslado


9 jun 2025




Saíu publicada na intranet  de xustiza, a instrución sobre cesamentos e tomas de posesión derivada da resolución definitiva do concurso de traslados convocado pola Resolución do 16 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza.


  1. Persoal procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
    • Fotocopia do DNI
    • Cesamento
    • Certificado ou copia dos trienios recoñecidos
    • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios) 
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o núm. de afiliación da Seguridade Social (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUXEXU
    • Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados no 2025 na Administración da que procedan. A certificación deberá indicar os días de vacacións e asuntos particulares correspondentes a 2024 que, de ser o caso, estean pendentes de desfrutar por razóns xustificadas.
    • Modelo 145 (IRPF) 
  2. Persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia
  3. Persoal que obtén destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

O persoal que obteña un novo destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario.

Tamén deberá facer entrega desta no caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos.

Así mesmo, no caso de contar coa tarxeta de identificación especial por razón do destino que viña desempeñando, deberá devolvela ao servizo de persoal correspondente.

Teléfonos das habilitacións (delegacións e direccións provinciais)

  • A Coruña: 981 184 571
  • Lugo: 982 294 311
  • Ourense: 988 386 012
  • Pontevedra:  986 817 003
  • Para ver a instrución completa da DXX, preme aquí