Mostrando entradas con la etiqueta cat. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cat. Mostrar todas las entradas

DOG: publicación do Acordo económico CAT/complemento específico


15 dic 2025


  








 Con Data 15/12/2026 publicouse no DOG do 15 de decembro a Resolución  do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se aproba o Acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CCOO para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.


. - Para ver a Resolución completa, preme aquí

Nova convocatoria da mesa sectorial de xustiza para o día 01/04/2025


27 mar 2025










A Dirección Xeral de Xustiza  convoca a CCOO e ao resto de organizacións sindicais  á mesa sectorial de xustiza prevista para o próximo 1 de abril, ás 11.00 horas, coa seguinte


ORDE DO DÍA:


1. Aprobación da acta da sesión anterior.

2. Proposta económica de incremento do CAT/CE como base dun Acordo para o desenvolvemento da nova oficina xudicial.

3. Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.

4. Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I.

5. Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I.

6. Rogos e preguntas

Convocatoria de mesa sectorial de xustiza para o día 24/03/2025


18 mar 2025






A Dirección Xeral de Xustiza remitiu a CCOO e ao resto de organizacións sindicais ,  correo electrónico convocando mesa sectorial de xustiza para o luns, 24 de marzo coa seguinte orde do día:



1.Aprobación da acta da sesión anterior.

2.Proposta económica de incremento do CAT/CE como base dun Acordo para o

  desenvolvemento a nova oficina xudicial.

3.Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.

4.Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I

5.Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I

6.Rogos e preguntas

 


Devolución da parte proporcional da paga extra de 2013


8 jun 2016




Hoxe publicase no DOG, a  RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública,pola que se ordena a publicación do acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT para a extensión do dereito a  percibir o concepto retributivo adicional do artigo 12.3 da Lei 14/2006 na parte proporcional á prestación de servizo do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2013.

Para ver a resolución, preme aqui

Asinado o acordo de devolución da parte proporcional do descontado no cat correspondente aos meses de xaneiro e febreiro do ano 2013, e a restitución do 100% do complemento específico a partir do ano 2017


2 jun 2016






Hoxe , 2 de xuño de 2016, acadouse un acordo entre os sindicatos representados na Mesa da Función Pública de Galicia-CCOO,UXT,CSIF, salvo CIG- para a devolución este ano do complemento específico de xanerio e febreiro da paga extra do ano 2013 e a recuperación integra das extras non ano 2017.

A devolución corresponde aos dous meses anteriores (Xaneiro e Febreiro) a entrada en vigor da Lei da Xunta que anulaba este complemento autonómico.Este acordo recolle tamén a restitución do 100% do complemento especifico a partir de 2017, polo que se garante a recuperación íntegra da paga extra para o ano 2017

Este acordo inclúe ao persoal labaoral das entidades do Sector Público de Galicia , asi como a totalidade do persoal funcionario, laboral estatutario, docente e de xustiza, incluído ao persoal das universidades e tamén a aqueles traballadores do ensino concertado cuxas retribución veñen referenciadas ao persoal do ensino publico


Nómina de xuño, aplicación IRPF ao CAT


1 jul 2015




Informáronnos dende a Dirección Xeral que, a partir deste mes de xullo rectificarán as nóminas de todos os funcionarios afectados pola aplicación do IRPF  ao CAT na nómina do mes de xuño , variando o IRPF, para corrixir os desaxustes causados ao aplicar os descontos do IRPF ao CAT, complemento específico  afectado pola Lei de presupostos da  Comunidade Autónoma de Galicia,  e roubado a tódolos traballadores da Administración de Xustiza de Galicia.