Mostrando entradas con la etiqueta Xunta de Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xunta de Galicia. Mostrar todas las entradas

O Goberno galego aproba o calendario laboral do vindeiro ano 2016.


6 jul 2015


 O Goberno galego aprobou o calendario laboral do vindeiro ano 2016, que incluirá como festivos autonómicos o 17 de maio e 24 de xuño.

O vindeiro ano haberá dous festivos que coinciden en domingo, o 1 de maio e o 25 de decembro, polo que a Xunta propón como festivos autonómicos o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas; o venres 24 de xuño, festividade de San Xoán, ademais do luns 25 de xullo, Día de Galicia

O Consello da Xunta aprobou o pasado 2 de xullo, o calendario laboral para o vindeiro ano 2016. 
O vindeiro ano haberá dous festivos que coinciden en domingo, o 1 de maio e o 25 de decembro, polo que a Xunta propón como festivos autonómicos o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas; o venres 24 de xuño, festividade de San Xoán, ademais do luns 25 de xullo, Día de Galicia.
En total, son doce días que inclúen a axenda de festivos estatais e autonómicos de 2016, aos que se sumarán dous festivos locais que deciden os concellos.
Para velo calendario pincha aquí.

Nómina de xuño, aplicación IRPF ao CAT.


29 jun 2015



Dende CCOO enviamos escrito á Dirección Xeral de Xustiza reclamando que, na  nómina do mes de xuño deste ano, recibida no correo electrónico dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia o pasado día 26 de xuño de 2015, aplícase o desconto do IRPF ao CAT, complemento específico ou complemento autónomico transitorio, afectado pola Lei de presupostos da  Comunidade Autónoma de Galicia,  e roubado a tódolos traballadores da Administración de Xustiza de Galicia.
Primeiro se inclúen todas as cantidades que debíamos cobrar na nómina, a paga extraordinaria mais o CAT, logo aplícanlle a retención ao total , e por último nos descontan o CAT.
Aplícase así unha retención do IRPF a unha cantidade maior á realmente percibida, polo que solicitamos que inmediatamente se rectifiquen as nosas nóminas  e figuren as cantidades reais que nos corresponde cobrar
Polo que exisimos:
-Que se rectifiquen no prazo mais breve posible, as cantidades reais percibidas polos funcionarios de xustiza de Galicia ,e que nos devolvan as cantidades retidas de mais nas nosas nóminas.

La Xunta anuncia que devolverá en la nómina de mayo el reintegro del 25% de la extra de 2012.


11 may 2015



Los 94.100 empleados públicos al servicio de la Administración autonómica y las tres universidades gallegas recibirán 254 euros más de media en la nómina de este mes, que la Xunta abonará días después de las elecciones municipales del próximo 24 de mayo. No se trata de un premio a los trabajadores. Es la segunda entrega comprometida por el Ejecutivo de Feijoo para completar la devolución del 25 % de la extra de diciembre del 2012, que corresponde a la parte que los empleados ya habían devengado cuando el Gobierno de Rajoy aprobó la resolución por la que retiró esa paga. La Xunta se limita a acatar cientos de sentencias judiciales que han obligado en todo el país a reintegrar ese dinero al personal funcionario y laboral.
Lo significativo de este segundo abono, porque la Xunta ya pagó el primero con la nómina de enero, es su coincidencia con este mes electoral. Esto se explica por la decisión del Gobierno autónomo de vincularlo a la aprobación de la Lei do Emprego Público, a la que el PP dio luz verde en solitario en el Parlamento hace dos semanas. La norma se publicó en el Diario Oficial de Galicia del pasado día 4, con la previsión de su entrada en vigor a los 20 días, esto es, justo en la jornada electoral. Esto posibilitará que la Xunta materialice ese pago en la nómina que liquidará en la última semana de este mes.
Para ver la noticia entera en La Voz de Galicia pincha aquí.

Convocatoria Programa de autoformación para la obtención de la certificación gallega de competencias digitales en informática


30 oct 2014




En el Boletín Oficial de Galicia, se ha publicado RESOLUCIÓN de 24 de octubre de 2014 por la que se convoca el programa de autoformación para la obtención de la certificación gallega de competencias digitales en ofimática y pruebas de evaluación de carácter libre.




Actividades del programa de autoformación:

Primero. Contenidos

1. Las actividades del programa de autoformación son las siguientes:


UF0319   Sistema operativo, búsqueda de la información: internet/intranet y correo electrónico 30h.

UF0320 Aplicaciones informáticas de tratamiento de textos: LibreOffice Writer     30h.

UF0321 Aplicaciones informáticas de hojas de cálculo: LibreOffice Calc     50h.

UF0322 Aplicaciones informáticas de bases de datos relacionales: LibreOffice Base    50h.

UF0323 Aplicaciones informáticas para presentaciones: gráficas de información: LibreOffice Impress 30 h.

1. Todas las personas mayores de 16 años que deseen acceder a los contenidos de las actividades del programa de autoformación pueden hacerlo, sin pasar por un proceso de selección, inscribiéndose como usuarios/as de la red CeMIT en la zona de altas de la web http://cemit.xunta.es.

2. Una vez obtenidas las credenciales de usuario/a de la red CeMIT, la inscripción para el acceso a los contenidos puede hacerse en cualquier momento a partir del día siguiente al de la publicación de esta resolución en el Diario Oficial de Galicia en el aula virtual de CeMIT http://cemit.xunta.es/ema, categoría «Autoformación»-«CODIX Ofimática», clave de automatriculación «codix2014».

3. Cada persona determinará libremente el número de actividades en las que quiera inscribirse y el período durante el cual va a trabajar en la actividad o actividades del programa de autoformación elegidas. La red CeMIT adoptará las medidas necesarias para facilitar la inscripción.

4. Al tratarse de actividades impartidas en la modalidad de teleformación se deberá disponer de un equipamiento informático que cumpla con los siguientes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión a internet.

– Un navegador web con plugin de flash.

5. El acceso a los contenidos de las actividades del programa de autoformación no implica la obligación ni el derecho a presentarse a las pruebas de evaluación reguladas en el anexo II, ni es tampoco un requisito para matricularse en las mismas.

6. El acceso a los contenidos de las actividades del programa de autoformación y la respuesta a cuestionarios de corrección automática no da derecho a la expedición del certificado regulado en el Decreto 218/2011, de 17 de noviembre, ni a la obtención de ningún tipo de certificación.

Campaña de vixilancia da saúde


27 feb 2014


Comeza a campaña de vixilancia da saúde para o ano 2014 para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia, polo que se abre o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia.
No DOG do día 25 de febreiro, publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.
O prazo de inscrición rematará transcorrido un mes dende o día seguinte ao da publicación da resolución do DOG.
NOTA: A solicitude farase de xeito telemático; para realizala poderá premer na seguinte ligazón á páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais: www.xunta.es/riscos.
O prazo de inscrición para a campaña de vixilancia da saúde comeza o día 26 de febreiro ás 8:00 h.

Galicia: plazos de toma de posesión del concurso de traslados


19 nov 2013


Al igual que los compañeros de Cantabria, han conseguido que la Xunta de Galicia difiera el plazo de la toma de posesión, en el caso de los funcionarios de los cuerpos de Gestión y Auxilio que tomen posesión dentro de la misma localidad, para el lunes día 9.


Podéis ver la hoja informativa en este enlace.

MENTIRÁN


13 sept 2013


Como di o refrán "collese antes a un mentirán que a un coxo" e Feijoo é un mentirán compulsivo, que baixo esa falsa aparencia que pretende dar, como unha moeda de chumbo, de home íntegro e responsable, leva anos deseñando toda unha política de recortes que logo serven o resto de gobernos autonómicos e central como modelos para castigar e aplicar diante desta maldita e interminable crise, versus estafa.
Nuñez Feijoo.
Nuñez Feijoo.
Xa vai alá un lustro continuado, que se di pronto, de rebaixa de salarios e dereitos para todas as empregadas e empregados públicos, xa son 5 anos, interminables, atentando directamente contra a súa dignidade, cuspindo directamente desde o parlamento na súa cara, e roubando dos seus salarios, nunha burla infinita, facéndoos responsables dos problemas nas contas públicas, criminalizando o seu estatus ante o conxunto da sociedade, poñéndoos como exemplo do que hai que facer e as medidas que se deben aplicar no resto do mundo laboral, xustificando aldraxes, inxustizas e sufrimento.


Isto é intolerable un pesadelo inimaxinable, e xa rematou por converterse na primeira medida rutinaria de cada ano, antes incluso de que exista sequera un borrador ou un proxecto de orzamentos, antes sequera de sentarse, non xa a negociar, senón a comunicar un proxecto ás afectadas e afectados. Son ós medios de comunicación quen ano tras ano trasladan en primeira instancia, o conxunto de traballadores/as, o que debería ser negociado e informado vía Mesa Xeral e DOG, pero ademais Feijoo o fai de xeito torticeiro e mentindo, incluso peor, utilizando ós medios de comunicación con medias verdades e tentando confundir á cidadanía, sen claridade, sen respecto algún nin empatía posible, como si a decisión fose lóxica e normal, indiscutible.

E ante estas medidas, no valen nin xuíces nin lei, nin Constitución nin Estatuto, nin palabra nin discursos, tan so a decisión subxectiva, unilateral e persoal dun pequeno grupo de señorías, que polo visto foron elixidos para reinar despoticamente catro anos, para así definir na práctica a democracia neste pais con letras minúsculas, cada día máis pequenas, alguén podería dicir incluso, que a piques de desaparecer.


Parecería razoable e do máis normal que o conxunto das empregadas e empregados públicos, ante esta medida, deran unha resposta dura, contundente e sen dúbidas, esixindo o mínimo respecto debido por parte dun goberno que se di representar a legalidade e o conxunto da cidadanía, pero Feijoo conta con que non vai a ser así, conta con que a súa decisión non lle terá custe algún, os empregados públicos xa contaban con elo e o desgaste, si o houbo, se produciu o ano pasado.
En canto ós Sindicatos, pensa que xa están suficientemente debilitados, estes últimos anos e máis concretamente o ano pasado o pau que lles deu, eliminando a maior parte dos seus “liberados” e “subvencións” os deixou máis preocupados pola subsistencia que pola loita, non serán problema.


Pois non, un déspota, merece unha resposta proporcionada o seu despotismo, desde CC.OO. esiximos o cumprimento da Lei, as traballadoras e traballadores e os seus representantes legais temos uns dereitos, esiximos respecto e o mantemento dos canles legais de dialogo e negociación, e nin o Sr. Presidente nin ninguén pode pasar por riba deles, e dar por feito decisións despóticas unilaterais ó seu marxe, convertendo nun paripé todo o que logo suceda; si as regras son rotas unilateralmente por que debe ser o seu máximo defensor, ábrese a posibilidade do caos, e no caos todo é posible.


Non é unha ameaza, e unha posibilidade sobre o que pode acontecer, ante o goberno dun mentirán.

A Xunta gasta medio millón en anuncios para "xerar confianza" na saída da crise


11 jul 2013


Despois do "optimismo", hai que "xerar confianza". Pasaron pouco máis de seis meses dende que a Consellería de Economía e Industria contratou por case un millón de euros unha campaña publicitaria para, entre outras fins "sumar aos galegos ao novo modelo económico que está a impulsar" a Xunta e o mesmo departamento disponse a realizar outra operación similar. Con novo conselleiro á fronte -Francisco Conde substituiu a Javier Guerra tras as eleccións- o departamento autonómico ten preparado medio millón de euros para, desta volta, "fomentar o carácter emprendedor e valente dos galegos, animar a levar a cabo os seus proxectos e transmitirlles que a Xunta de Galicia está con eles para apoialos".
A Consellería tramita dende este martes a devandita acción propagandística por 429.752,07 euros que quedan en 520.000 unha vez aplicado o IVE. No correspondente prego de condicións o Goberno galego debulla ao longo de tres páxinas a que vén ser a filosofía de fondo dos anuncios, coincidente, en boa medida, con moitos discursos e argumentarios políticos do presidente da Xunta e dos seus conselleiros. "Estamos na lexislatura da volta ao crecemento", sentenza a "introdución" na súa frase inicial, xusto antes de explicar que "o Goberno galego está a traballar no asentamento dunhas bases sólidas que permitan fortalecer a economía e artellar un modelo produtivo xerador de riqueza e emprego".
A Xunta explica que "ten feito os deberes en materia de estabilidade orzamentaria" e por iso Galicia "é unha comunidade na que se pode confiar"
O Executivo, di o mesmo texto, ten "unha planificación clara" neste ámbito, con apostas como a "innovación, a potenciación da internacionalización e a defensa dunha actitude emprendedora". Nesta liña, explica, "o Goberno galego está a deseñar, co consenso de todos os axentes económicos e sociais, a lei do emprendemento", unha norma para a que non se aforran gabanzas: é "estratéxica", "chave do crecemento da economía". Porque Galicia, proclama a Xunta, ten "potencial, recursos e talento" e"ademais ten feito os deberes en materia de estabilidade orzamentaria, o que lle permite ser unha das comunidades máis solventes, unha comunidade na que se pode confiar".
Nun ton máis próximo ao da arenga política que ao do texto partidario Industria continúa afirmando que "En Galicia hai talento" e só resta "crear o marco propicio para que as boas ideas poidan converterse nunha realidade". "Trátase de xerar confianza, nos emprendedores, nos investidores, nos empresarios e ata nos consumidores para que co traballo de todos xuntos retomemos o crecemento". Por todo isto é polo que "a Consellería de Economía e Industria precisa facer unha campaña de comunicación (...) coa intención de facer chegar aos cidadáns a confianza necesaria para emprender e levar a cabo investimentos que nos permitan retomar o crecemento económico e xerar emprego. Como en xaneiro, trátase tameń de "sumar aos galegos ao novo modelo económico que está a impulsar" a "Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia".
Como na campaña contratada en xaneiro por un millón de euros o Goberno tenta "sumar aos galegos ao modelo económico que está a impulsar"
Tras a filosofía o departamento que dirixe Francisco Conde pasa a un plano bastante máis prosaico. A empresa que se faga coa campaña deberá dirixirse a "empresarios" e tamén a "residentes en Galicia maiores de 16 anos", con 75.000 euros para "creatividade, deseño e produción" e 445.000 euros para "inserción en medios e comisión de axencia". Destes cartos terá que saír un anuncio de televisión, unha cuña de radio, anuncios para xornais impresos e banners para os dixitais. A campaña tamén inclúe valados publicitarios nas sete cidades de Galicia.
Con todo isto o contratista terá que "presentar informes semanais de seguimento da campaña nos que se realice un seguimento de audiencias en TV e de inserción no resto de medios contemplados na campaña". O prego de condicións, datado no 3 de xuño, inclúe o seguimento aos anuncios emitidos en Popular TV Galicia, a concesionaria dunha das dúas canles de televisión autonómica privada que a pasada semana anunciou o cesamento das súas emisións.

Publicado o 10/07/2013 en www.praza.com
Enlace permanente: pica aquí

A Xunta da “Champion League” de Feijoo, peor que un equipo de Berlusconi


27 jun 2013


A Xunta de Galicia parece que non está contenta con quedarse con prácticamente o equivalente a unha paga extra, tal como aparece no cadro seguinte:


Corpo
Cantidades totais a descontar
M. Forenses
Entre 2.896,05 € e 2.442,53 €
Xestión
Entre 1.172,61 € e 1.086,12 €
Tramitación
Entre 985,22 € e a 919,42 €
Auxilio
Entre 896.20 € e 823.12 €

Agora, a penultima é que na nómina de xuño, a que acabamos de recibir, a Xunta de Galicia nunha demostración clara de neglixencia, incompetencia, mala intención ou as tres cousas, comete varios erros:

-       Aos funcionarios que solicitaron parte da paga extra no mes de xaneiro vólvenlle reter os dereitos pasivos e a MUGEJU, que xa llo retiveran na nómina do mes de xaneiro (as cantidades varían según o corpo.)
-       Aos funcionarios que solicitaron o adianto tamén teñen o I.R.P.F mal calculado pois está calculado sobre o montante total da paga extra, cando realmente no mes de xuño so lles  aboaron unha porcentaxe da paga extra.
-       Aos funcionarios dos corpos de Xestión e aos de Tramitación Procesual a maiores do CAT (complemento autonómico transitorio) do mes de xuño (427,20€) fannos un prorrateo, como nos estiveron facendo o resto dos meses

Todo esto xa está denunciado á Subdirectora Xeral, solicitando que de maneira inmediata e como máis tardar na nómina do mes de xullo se solventen todos este erros.




Nota informativa Mesa Técnica do 5/06/2013 (3 días de libranza)


6 jun 2013



Como continuación da Mesa Sectorial do pasado día 28 de maio, onde se lograron os 3 días de libranza por acumulación de horas traballadas, o conseguir darlle una nova redacción o artigo sobre as compensación horarias, no que se establecía  que se podía compensar no mes seguinte ata un máximo de un 10% suprimindo o limite do 10% e posibilitando a súa acumulación, hoxe tivo lugar unha Mesa Técnica para ver o seu encadre na aplicación informática.
Nesta Mesa desenrolamos o acordo asinado por CC.OO, USO, UGT, CSI-F, CIG  e a Administración, sendo os aspectos máis salientables os seguintes:
            Para alcanzar os 3 días de libranza os funcionarios, de xeito voluntario, poderán acumular o tempo traballado que exceda das sete horas diarias, en computo mensual, nunha bolsa, que se poderá empregar a partir do mes de xullo, ben para reducir o horario flexible, ou ben cando se xunten 7 horas e media, pedir un día de libranza, ata un maximo de 3 ao ano.
            Os días de libranza equipararanse aos días de asuntos particulares, é dicir:
     Poderánse acumular aos días soltos de vacacións e asuntos particulares.
     Poderánse desfrutar ata o 31 de Xaneiro do ano seguinte.
            No verán non se poderá acumular horario flexible, pois xa temos horario reducido. De xeito excepcional este ano logramos que a Administración permita acumular horario flexible dende o 1 de xuño ata o 30 de xuño  e do 1 de setembro ata o 30 de setembro.
PERMISOS, LICENZAS E HORARIO
            Aínda que non está publicada a nova resolución que regulamenta os permisos, licenzas e vacacións, xa se poden solicitar os mesmos, entre outros;
     Permiso por ingreso hospitalario ou, enfermidade por días soltos e no prazo dun mes.
     Permiso retribuído dun máximo de 30 días por enfermidade moi grave dun familiar primeiro grao.
     7 días de vacacións de xeito independente.
     4 días de asuntos particulares.
     Flexibilización do horario fixo


            No horario de verán o horario fixo da xornada poderá facerse dende as 8.30 horas fronte as 9.00 que estaba ata o de agora.

A Xunta dá a dedo 184.000€ a La Voz e La Región polo seu uso do galego


4 jun 2013


La Voz de Galicia (149.000€) e La Región (35.000€), dous xornais que se editan case exclusivamente en español, son os únicos beneficiados nos convenios da Consellería de Cultura para "potenciar o uso do idioma galego".

"Potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais". Esta é a finalidade dos convenios de colaboración asinados o 29 de abril polo conselleiro de Educación con La Voz de Galicia e o Grupo La Región. O diario coruñés recibirá 149.000 euros públicos mentres que o grupo ourensán, que edita La Región e Atlántico, apañará 35.000 euros.

Tanto La Voz de Galicia como La Región marxinan ao galego, limitando o uso do idioma propio de Galicia case exclusivamente a algunhas noticias das seccións de Opinión e Cultura.

Malia levar décadas con esta práctica contraria á normalización do idioma que a Xunta ten a obriga de promocionar, o Goberno Galego só firmou convenios para fomentar o galego con estes dous medios. Nin un peso para os medios editados no idioma propio, que tamén foron discriminados no recente Día das Letras Galegas. O 17 de maio o Goberno Galego pagou publicidade a prol da normalización en case todos os medios do país, salvo nos editados en galego.

Os 184.000 euros pagados a La Región e La Voz están recollidos hoxe no DOG, no que a Lei de Transparencia, aprobada polo bipartito obriga a publicar estes convenios. 

A verdade é que o obxectivo dos convenios é unha mera formalidade, unha excusa coa que desvíar recursos públicos a empresas privadas de comunicación a cambio dun bo trato informativo ao poder. 

Por exemplo, na metade da primeira lexislatura de Feijóo La Voz de Galicia recibira 7,2 millóns da Xunta. A penas un 35% deses cartos outorgáronse mediante as subvencións públicas anuais aos medios. O resto foron convenios a dedo e outras adxudicacións directas.

Os gcpluseiros, os usuarios que axudan a manter aberto o GC, poden consultar todo o reparto (que empresa recibiu que e cando) das axudas até entón aquí. Son 18 millóns, 11,8 a dedo.

Os convenios son unha vía legal de reparto de axudas que, a diferencia das convocatorias a través do DOG, dependen do criterio particular do mandatario de turno. A Xunta de Galicia leva décadas -dende o fraguismo até hoxe pasando polo bipartito- financiando aos medios de comunicación afíns mediante este opaco sistema. Ningún outro sector económico recibe tanto diñeiro público sistematicamente a cambio, en teoría, de nada.

Publicado o 03/06/2013 en www.galiciaconfidencial.es

Enlace permanente: pica aquí

A Xunta gasta a dedo 737.000€ en propaganda


28 may 2013


O Goberno viola a Lei ao non publicar no Rexistro de Convenios os acordos polo que Medio Rural repartiu cartos públicos sen concurso a La Voz, Grupo Prensa Ibérica (Faro e La Opinión), El Correo, El Progreso e Grupo La Región. A única televisión que recibe subvención é o da Voz.


O 21 de decembro de 2012 facía máis de tres meses que o Goberno Galego ordenara pechar o exercicio da Xunta. Centros de PEMEs proveedoras do Executivo afogaban economicamente a final de ano porque a Administración non ía pagar un peso até o próximo exercicio, e moito menos aprobar novos investimentos. Con todo, ese día a Consellería de Medio Rural firmaba oito convenios polos que entregou a dedo 737.000 euros a medios de comunicación. Unha vez máis, Alberto Nuñez Feijóo atopaba un atallo para non aplicar a súa suposta 'austeridade' aos grandes empresarios da prensa.

Os importe dos convenios asinados ese día pola Consellería que dirixe Rosa Quintana son os seguintes: La Voz de Galicia, Faro de Vigo (Grupo Prensa Ibérica) e El Correo Gallego (Editorial Compostela) 149.000 euros; El Progreso e Medios Digitales de Galicia (filial da Voz para V televisión) 100.000 euros; La Opinión de A Coruña (Grupo Prensa Ibérica) 50.000 euros; Diario de Pontevedra (Grupo Lérez) 30.000 euros e Atlántico Diario (Grupo La Región) 10.000 euros.


A Xunta oculta o contido dos convenios violando a Lei

Así o recolle hoxe o DOG, no que a Lei de Transparencia, aprobada polo bipartito obriga a publicar estes convenios. A Consellería de Medio Rural está a violar a Lei noutro aspecto, ao non publicar estes acordos no Rexistro de Convenios que coordina a Consellería de Presidencia.

A norma establece que os convenos "poderán ser consultados telematicamente no dito Rexistro de Convenios a través da páxina web da Xunta de Galicia", algo que non ocurre cinco meses despois da súa firma por Medio Rural. No Rexistro deben figuran máis datos que os publicados no DOG, por exemplo prazos e contidos.

O obxectivo de todos os convenios asinados a finais de ano é "promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional". Noutras palabras, publicar propaganda da Xunta.

A verdade é que o obxectivo dos convenios é unha mera formalidade, unha excusa coa que desvíar recursos públicos a empresas privadas de comunicación a cambio dun bo trato informativo ao poder. 

Por exemplo, na metade da primeira lexislatura de Feijóo La Voz de Galicia recibira 7,2 millóns da Xunta. A penas un 35% deses cartos outorgáronse mediante as subvencións públicas anuais aos medios. O resto foron convenios a dedo e outras adxudicacións directas.

Os gcpluseiros, os usuarios que axudan a manter aberto o GC, poden consultar todo o reparto (que empresa recibiu que e cando) das axudas até entón aquí. Son 18 millóns, 11,8 a dedo.

GC púxose en contacto coa Consellería de Medio Rural para que argumentase os motivos destes convenios sen que, polo de agora, o departamento de Rosa Quintana considerase oportuno pronunciarse.


Sen máis criterio que fomentar o servilismo informativo

Rosa Quintana repartiu o diñeiro público entre todos os diarios en papel, pero sen gardar proporcionalidade en función da súa audiencia. Por exemplo, El Correo recibiu o mesmo que La Voz, malia ter unha audiencia significativamente menor.

Quen menos levou, iso si, foi o Grupo La Región, o máis crítico con Alberto Nuñez Feijóo. E o único operador de televisión incluído no 'maná' institucional foi V Televisión de La Voz de Galicia, o principal aliado mediático do presidente da Xunta. 

E é que os convenios son unha vía legal de reparto de axudas que, a diferencia das convocatorias a través do DOG, dependen do criterio particular do mandatario de turno. A Xunta de Galicia leva décadas -dende o fraguismo até hoxe pasando polo bipartito- financiando aos medios de comunicación afíns mediante este opaco sistema. Ningún outro sector económico recibe tanto diñeiro público sistematicamente a cambio, en teoría, de nada.

Publicado o 27/05/2013 en www.galiciaconfidencial.com

Enlace permanente: pica aquí

Publicada a nova Guía de solicitudes de vacacións OPAX


15 abr 2013


Na páxina web da Dirección Xeral de Xustiza, publicouse o seguinte anuncio:

Publicouse a nova Guía de solicitude de vacacións OPAX, que informa os usuarios da aplicación Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de como solicitar os días de lecer, consultar a situación na que se atopa a petición ou facer unha anulación.

Coa nova versión posta en produción, a OPAX permite facer peticións por mes natural, por días ou por días soltos. Tamén permite modificar a petición feita ou anular a solicitude. Para a súa presentación mediante esta aplicación, é necesario asinar electronicamente a petición. Así mesmo, os usuarios poderán consultar o saldo de días de vacacións e permisos.


Concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2013


4 abr 2013



Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 62, do 1 de abril de 2013, publícase pola Consellería de Traballo e Benestar a Orde do 26 de marzo de 2013 polas que se establencen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2013.

Prazo: corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Importe: 360 euros por fillo



DXX: novo manual de usuario do control horario de OPAX, que explica como xestionar as marcaxes persoais


12 mar 2013


A Dirección Xeral de Xustiza ven de publicar na intranet o seguinte anuncio:


Publicado o novo Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX  (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), que amosa a información das marcaxes rexistradas no sistema de fichaxes e permite ao persoal obter saldos diarios e balances mensuais das horas realizadas.
Este novo manual da OPAX (enlace só accesible dente o posto de traballo)  tamén explica como facer a xestión das incidencias que se rexistren no control horario, como facer as marcaxes cando non se posúa a tarxeta ou a xestión de diferentes solicitudes persoais (flexibilización, reducción ou compensación da xornada). 
O documento tamén explica ao persoal funcionario como consultar:
  • Información do mes actual (Marcaxes realizadas na semana; no mes; control horario fixo no mes, xustificacións no mesmo mes).
  • Marcaxes feitas nos últimos dous meses
  • Datos históricos dos últimos 12 meses.

Implantado o sistema de fichaxe Kronos en todas as sedes xudiciais de Galicia e xulgados de paz


4 mar 2013



Dende o pasado venres  está operativo en todas as sedes xudiciais de Galicia o sistema de fichaxe no posto de traballo, despois da implantanción nos xulgados de Vigo e Ourense e nos xulgados de paz con persoal funcionario.
Deste xeito, o anterior sistema de xustificación do cumprimento do horario, a través da fichaxe nas máquinas dos edificios xudiciais ou a través de partes de sinatura,deixará de ter efecto,  unha vez que se habilitou a fichaxe no PC do posto de traballo do sistema Kronos.
As máquinas existentes nos edificios xudiciais quedan desactivadas e o único sistema válido para efectos de xustificación do cumprimento do horario será a fichaxe no PC do posto de traballo. No caso de non dispoñer de terminal informático propio, a fichaxe poderase realizar en calquera outro PC do centro de traballo.
A  implantación deste sistema de control horario iniciouse no mes de novembro nas sedes xudiciais en Santiago de Compostela. En decembro estendeuse aos xulgados de Cangas, e ao longo dos meses de xaneiro e febreiro foise estendendo aos demais xulgados, agás aos de Vigo e Ourense e aos xulgados de paz, que entraron hoxe en funcionamento.
Nesta intranet atópase á disposición dos usuarios unha guía de uso e unha relación de preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.

Publicado o 01/03/2013 en intranetxustiza.xunta.es

AGE presenta na Cámara unha interpelación e pregunta sobre a Administración de Xustiza


1 feb 2013


Froito da interlocución sindical que o goberno non practica

Logo da xuntanza mantida o 24 de xaneiro coa voceira de AGE, e ante o asombro fronte a falta de negociación do Director Xeral de Xustiza coas organizacións sindi-cais, e en consecuencia, o desprezo absoluto cara aos traballadores e traballadoras da xustiza, o grupo parla-mentar fíxose eco das nosas reivindicacións e ven de presentar as seguintes interpelación e preguntas:



(Casualmente, no día de onte a DXX remitiunos a convocatoria da mesa sectorial para o vin-deiro 7 de febreiro, pero eso sí, sen concretar aínda a orde do día. A bo entendedor...)


Á MESA DO PARLAMENTO

A deputada Yolanda Díaz Pérez do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte INTERPELACIÓN, relativa a situación de bloqueo do diálogo social cos traballadores e traballadoras públicas de xustiza.
O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda é coñecedor da situación inaceptable que desen-cadea o goberno da Xunta de Galicia ao impoñer sen negociación nin diálogo social toda unha serie de medidas que lesionan e eliminan os dereitos en materia laboral das traballadoras e traballadores da admi-nistración de xustiza.

Un goberno, o de Feijóo, que dada a súa condición de destroyer social prefire evitar o mal trago de ter que escoitar as razón da representación sindical das traballadoras e traballadores. Non xa chegar a algún tipo de acordo, que semella fóra da folla de destrución social que seguen os homes de negro que detentan a administración pública galega; estamos no estadio da negativa a dialogar e informar, estadio dexenerativo para calquera goberno que se repute democrático.

Atopámonos diante dunha situación de sistemáticas retalladas nos dereitos laboráis consolidados das traba-lladoras e traballadores namentras non se clarexan no órgano pertinente, a Mesa Sectorial de Xustiza, toda unha serie de extralimitacións respeito incluso da propia lei.

E se requiere explicar toda outra serie de cuestión de aplicación dos marcos legais de recortes aprobados polos gobernos do PP. E mais unha serie de reclamacións que fan os traballadores e traballadoras do sec-tor para mellorar a administración de xustiza.

Xa que logo, o Grupo Parlamentar de Alternativa galega de Esquerda formula a seguinte 

INTERPELACIÓN:

   - Non contempla o goberno da Xunta de Galicia convocar a Mesa Sectorial de Xustiza a maior brevidade para clarexar e acordar coa representación lexítima das traballadoras e traballadores?
   
   - Vai o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza reprobar ao Director Xeral de Xustiza, o Sr. Juan José Martín, pola manifesta e probada deixadez de funcións?
   
   - Que medidas contempla adoptar o goberno da Xunta para evitar danos e retalladas engadidos ás xa acordadas no RD-L 20/2012 e no proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia?
  
   - Non vai a Xunta de Galicia a dotar a creación de prazas de servizo de apoio na cidades onde se suprimiron prazas nas audiencias provinciais, e de non ser así, cal é o destino do diñeiro público xa orzamentado para esas prazas amortizadas?

   - Ten previsto a Xunta de Galicia algún plan de reordenación do persoal do Rexistro Civil cando se lles entregue libre de po e palla aos Rexistradores da propiedade?

   - Desbota cumprir a Xunta a creación de novos xulgados segundo as previsións contidas no plan de infraestruturas xudiciais?

   - Renuncia a Xunta de Galicia a implantación da nova oficina xudicial ao destinar pouco máis de 40.000 € para o seu desenvolvemento, e considera útil a política das taxas disuasorias fronte á procura da eficiencia do servizo público?
Compostela, 30 de xaneiro de 2013.


Asdo: Yolanda Díaz Pérez
Vicevoceira do GP de AGE

---------------------

Á MESA DO PARLAMENTO


A deputada Yolanda Díaz Pérez do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte PREGUNTA para a súa resposta oral na Comisión.

En atención ao impacto negativo que poida ter para a cidadanía galega ao proxecto gobernamental de mo-dificación da planta xudicial así como do rexistro civil e outras reformas, coa conseguinte redución de par-tidos e o seu impacto para o emprego e o afastamento dos órganos xurisdicionais respecto da cidadanía, coas conseguintes perdas socioeconómicas para as vilas que perdan o partido xudicial e, sobre todo, para a vecindade.

Xa que logo, formúlase a seguinte PREGUNTA:

Non vai crear a Xunta de Galicia unha comisión de estudo, formada por representantes dos grupos políticos, xuíces, fiscais, avogados, procuradores e sindicatos, que permita analizar e avaliar as necesidades da ad-ministración xudicial galega para a delimitación da nova planta xudicial e a eliminación dos Rexistros Civís como servizo público, gratuíto e universal, ao obxecto de que estas conclusións se trasladen á administra-ción pública competente para delimitar con criterios de racionalidade e respecto aos dereitos da cidadanía a contar cunha administración de xustiza achegada, de xeito que informen os ulteriores cambios na planta xudicial que se produzan e así poder dende unha fronte común facer medidas de presión ante o Ministerio de Xustiza que garantan o servizo na nosa Comunidade cunha idiosincrasia xeográfica e social particular, así como a protección dos fortes investimentos públicos realizados na planta xudicial .

Compostela, 30 de xaneiro de 2013

Asdo: Yolanda Díaz Pérez

Vicevoceira do GP de AGE