Mostrando entradas con la etiqueta 2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2016. Mostrar todas las entradas

Convocatoria Acción Social 2016


13 abr 2016





 Hoxe publicase no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2016 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

 O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do dia seguinte da publicación desta convocatoria no DOG.

 Para ver a resolución, preme aqui

Convocatoria de cursos de formación da EGAP para o ano 2016


11 feb 2016



 Hoxe publicase no DOG a Resolución do 8 de Febreiro de 2016 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

 O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Para ver a resolución, preme aqui 



Tamén hoxe publicase no DOG a  Resolución do 2 de febreiro  de 2016 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación para persoal que presta servizos no edificio xudicial de Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Para ver a resolución , preme aqui

Proposta formación continua EGAP 2016. Próxima convocatoria do curso superior de linguaxe xurídica galega no 2016.


1 dic 2015




A proposta formativa para o ano 2016 incluirá, por fin, a convocatoria dos cursos de linguaxe xurídica galega nivel superior tantas veces demandados dende CCOO 


Onte, 30 de novembro,tivo lugar na EGAP a comisión de formación coa asistencia das organizacións sindicais CCOO,UGT,CIG  e USO, a Dirección Xeral e representantes da EGAP.
A EGAP presentounos a proposta de formación continua  para o ano 2016.

A maior novidade é que, por fin,tras a resolución do conflito laboral cos profesores de galego, convocaranse  5 edicións de cursos de linguaxe xurídica galega, nivel superior para o ano 2016.
-Para os funcionarios pertencentes á Comunidade Autónoma  de Galicia :
 3 edicións con 30 prazas cada unha (cun total de 90 prazas) .
-Para os funcionarios de xustiza que se atopan fora da Comunidade :
2 edicións con 30 prazas cada unha ( cun total de 60 prazas)
 Todas estes cursos ofertaranse na modalidade de teleformación.

A EGAP propón  a realización dun curso presencial de Xurisdición contencioso-administrativa que tería lugar en Santiago. Dende CCOO , pedimos que o contido deste curso se englobase dentro dos módulos xa existentes da xurisdición contenciosa na modalidade de teleformación.
Dende CCOO seguimos apostando pola continuidade  dos módulos formativos que xa se iniciaron en anos anteriores, polo que , solicitamos que respecto aos novos cursos   propostos pola EGAP : A  Custodia compartida nas crises matrimoniais , Xurisdición Voluntaria,  se englobe dentro dos módulos civís e os cursos de  Prisión Provisional como Medida Cautelar persoal no Proceso Penal se  englobe  tamén dentro dos  módulos  penais.
Dende CCOO pedimos tamén a convocatoria dun curso de Atención ao cidadán e  á  vítima.

Para ver a proposta formativa preme aquí.

Publicado decreto no DOG de 24 de xullo, festas da Comunidade Autónoma de Galicia 2016.


27 jul 2015


 Publicado no DOG de 24 de xullo: Decreto 103/2015, do 15 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2016.
Para ver a resolución preme aquí.

Cadro calendario laboral Galicia 2016.


10 jul 2015



O Goberno galego aprobou o pasado 2 de xullo, o calendario laboral do vindeiro ano 2016, que incluirá como festivos autonómicos o 17 de maio e o 24 de xuño. 

Achegamos cadro do calendario:

 Calendario laboral 2016: 

FESTIVIDADE
DATA
Ano Novo
1 de xaneiro          (venres)
Día de Reis
6 de xaneiro          (mércores)
Xoves Santo
24 de marzo           (xoves)
Venres Santo
25 de marzo           (venres)
Festa do Traballo
1 de maio                (domingo)
Día das Letras Galegas
17 de maio              (martes)
San Xoán
24 de xuño              (venres)
Día Nacional de Galicia
25 de xullo               (luns)
A Asunción da Virxe
15 de agosto             (luns)
Festa Nacional de España
12 de outubro          (mércores)
Todos os Santos
1 de novembro        (martes)
Día da Constitución Española
6 de decembro         (martes)
A Inmaculada Concepción
8 de decembro         (xoves)
Natividade do Señor
25 de decembro       (domingo)


Festa de carácter nacional non substituible.
Festivos obrigatorios que caen en domingo.
Festa de carácter nacional sobre a que a Comunidade Autónoma non exerceu a facultade de substitución.
Festa propia da Comunidade Autónoma.

*Faltan os 2 festivos locais que fixa cada concello.
*O 1 de maio e o 25 de decembro , por ser domingo, substituense polo 17 de maio e o    24 de xuño.
Para velo cadro preme aquí.

O Goberno galego aproba o calendario laboral do vindeiro ano 2016.


6 jul 2015


 O Goberno galego aprobou o calendario laboral do vindeiro ano 2016, que incluirá como festivos autonómicos o 17 de maio e 24 de xuño.

O vindeiro ano haberá dous festivos que coinciden en domingo, o 1 de maio e o 25 de decembro, polo que a Xunta propón como festivos autonómicos o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas; o venres 24 de xuño, festividade de San Xoán, ademais do luns 25 de xullo, Día de Galicia

O Consello da Xunta aprobou o pasado 2 de xullo, o calendario laboral para o vindeiro ano 2016. 
O vindeiro ano haberá dous festivos que coinciden en domingo, o 1 de maio e o 25 de decembro, polo que a Xunta propón como festivos autonómicos o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas; o venres 24 de xuño, festividade de San Xoán, ademais do luns 25 de xullo, Día de Galicia.
En total, son doce días que inclúen a axenda de festivos estatais e autonómicos de 2016, aos que se sumarán dous festivos locais que deciden os concellos.
Para velo calendario pincha aquí.