Convocatoria da Mesa sectorial de xustiza para o día 10/06/2025


8 jun 2025



 

 



Seguindo instruccións do Director xeral, convócaselle a unha reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo día 10 de xuño, ás 9:30 h na Sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte:



ORDE DO DÍA:



1. Aprobación da acta da sesión anterior.

2. Propostas de RPT da Fase III.

3. Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.

5. Rogos e preguntas.



Como documentación a valorar na Mesa xúntase a seguinte documentación.



 - Folla de cálculo coa proposta de RPT das oficinas xudiciais da Fase III. Engádese para negociación unha nova columna referida ás dotacións. Os cambios van marcados en vermello. Nesta proposta ordénanse os postos en función das áreas, onde procede. Ademais cambiáronse as denominacións dos postos para que sexa máis doado identificalos. Na proposta de dotación V2 tivéronse en conta ademais das execucións por persoal funcionario (reduce o persoal previsto no SCEX en Ourense), que o persoal vinculado na actualidade ao SCA en vez de dividirse en varios servizos, pasara a conformar onde era posible o SCT en vez do SCX.

 - Borrador da proposta de méritos a considerar nas RPT para os distintos postos singularizados. Os cambios van marcados en vermello. Proximamente agardamos remitir proposta de base da convocatoria para postos singularizados.


  - Borrador da proposta do proceso de reorganización da Fase III. Idéntica á remitida na mesa do 2 de xuño.