Comisións de servizo Fase III
12 dic 2025
Arquivado en: Comisións de servizo, fase III
Resolución reasignación forzosa de efectivos Fase III
6 dic 2025
Arquivado en: fase III, reasignación forzosa
Con data 05/12/2025 publícase na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería, a resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se adxudican postos de traballo do proceso de reasignación forzosa de efectivos dentro do proceso de reorganización que se realiza con motivo da implantación da fase III .
Resolución reordenación de efectivos Fase III
4 dic 2025
Arquivado en: fase III, Reordenación
Correción de erros da resolución do proceso de reordenación/reasignación (Fase III)
26 nov 2025
Arquivado en: correción, erros, fase III
Convocatoria do proceso de reordenación e reasignación forzosa (Fase III)
25 nov 2025
Arquivado en: fase III, reordenación reasignación forzosa, solicitudes
-Para ver a Resolución completa, preme aquí
Listaxe de postos que se ofertarán a Reordenación/reasignación forzosa ( Fase III)
24 nov 2025
Arquivado en: fase III, reasignación forzosa, Reordenación
A DXX remite a CCOO e ao resto de organizacións sindicais a listaxe dos postos de traballo da fase III que serán ofertados a reordenación e reasignación forzosa.
Consulta confirmacións Fase III
6 nov 2025
Arquivado en: confirmacións, fase III, OPAX
Porcentaxes proceso de reorganización Fase III
31 oct 2025
Arquivado en: fase III, porcentaxes, reorganización
Fase III: confirmación do persoal nos xulgados de VSM de Santiago e Ourense
29 oct 2025
Arquivado en: confirmación, fase III, reorganización, VSM
Se dentro do prazo establecido non manifestasen a súa preferencia, confirmaranse no posto coa observación de Violencia sobre a muller (VSM) tal e como recolle o plan de reorganización.
Grupo de traballo para o proceso de reordenación nos Tribunais de Instancia das sete cidades galegas (28/10/2025)
Arquivado en: fase III, grupo traballo, reorganización
Resumimos nos
seguintes puntos os aspectos máis salientables do proceso:
1.- O xoves da
semana pasada enviáronse aos LAX en formato excel unhas táboas para determinar
a función que estaba a exercer cada funcionario: tramitar, executar, tramitar e
executar. Tiñan un prazo de tres días e a gran maioría xa teñen remitida a
resposta.
2.- A vindeira
semana enviarase a través do OPAX a cada traballador para que comunique se
tramita ou executa, e se quere optar por un posto de similar contido ao que viña
desenvolvendo.
3.- Con estes dous
documentos, os dos LAX, e as respostas dos traballadores a través do OPAX,
sacaranse uns listados provisionais para efectuar alegacións e resolver
posibles discrepancias.
4.- A continuación
remitirase a confirmación, que, malia a nosa oposición e non ter sido recollida
como alegación, non é voluntaria. É dicir se hai o mesmo número de prazas que
postos hai que confirmarse de forma obrigatoria, unicamente se pasa a
reordenación cando hai máis persoas que prazas. Para a confirmación, neste
último suposto, ten preferencia a maior antigüidade no posto de traballo.
A confirmación no
posto dos xulgados de violencia de Ourense e Santiago, de nova creación, farase
optando entre Violencia ou Garda, a través dunha notificación por sede aos
interesados.
5.- Os que non poidan confirmar entran no proceso
de reordenación, para escoller as vacantes prevalecerá a antigüidade no centro
de destino.
6.- Outras
casuísticas:
· .- Os que se xubilen antes e so antes
do 31/12 /2025 non entran no proceso.
· .- O persoal en excedencia por
coidado de familiar ou en situación de IT deben acceder ao OPAX
· .- As porcentaxes que determinarán a
proporción dos repartos por orde xurisdicional se remitirán o antes posible e
serán obxecto de mesa sectorial.
· .- Hai persoal, pouco, que por
determinadas circunstancias non puido tomar posesión e queda por avaliar se van
a confirmación ou reordenación. O mesmo ocorre co persoal de auxilio de SC de
apoio dos decanatos e do TSXG, para o que se escoitarán ás organizacións
sindicais.
·
Grazas a presión de CCOO e o resto
de organizacións, o persoal que tramita e executa, que é a inmensa maioría, vai
en igualdade de condicións ao proceso de confirmación, sen pasar a unha segunda
fase, despois dos que so tramitan ou so executan, como era intención da
administración.
Concurso específico : Listaxes e baremación provisional de xefaturas do corpo de auxilio xudicial
21 oct 2025
Arquivado en: Auxilio, baremación provisional, concurso especifíco, fase III
. -Para ver a resolución completa, preme aquí
Publicada a resolución co procedemento para a reorganización de efectivos , Fase III.
12 sept 2025
Arquivado en: fase III, oficians xustiza, reorganización
Con data 12/09/2025 saíu publicada na intranet de xustiza, a resolución co procedemento para o desenvolvemento da reorganización de efectivos das oficinas de xustiza, oficinas xerais do Rexistro Civil e oficinas de xustiza do municipio da fase III.
. - Para ver a Resolución completa, preme aquí
DOG: publicación da relación de postos de traballo da Fase III
11 sept 2025
Arquivado en: DOG, fase III, RPT
Con data 11/09/2025 publícase a Resolución do 29 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as relacións de postos de traballo da Secretaría de Goberno e das oficinas de xustiza, fase III e a Resolución do 29 de Agosto de 2025 pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas do Rexistro Civil.
Convocatoria do proceso de reordenación e reasigación forzosa de efectivos, fase I
3 jun 2025
Arquivado en: anexo 2, fase III, reasignación, Reordenación














