O Real
Decreto-Lei 20/12 de medidas para garantir a estabilidade e o fomento da
competitividade supuxo o ataque frontal máis severo na historia da nosa
democracia ao colectivo dos empregados públicos. O instinto depredador do
goberno contra os funcionarios non quedou ahí: a conxelación salarial, os
proxectos de redución de partidos e incremento de taxas para litigar, así como
a discriminatoria reforma da Lei orgánica do poder xudicial, foron minando o
statu quo dos dereitos estatutarios e retributivos dos funcionarios, adquiridos
tras anos de loitas e renuncias. Ao mesmo tempo, todas estas reformas porán ao cidadán
nun pozo cunha saída xudicial imposible de alcanzar, unha xustiza vacilante de
doble velocidade. Ninguén mellor ca nós pode sabelo, e así debémolo facer saber
á sociedade.
Non se pode
decir que esta reforma tivese algo positivo. Pero sí podemos aseverar con
orgullo que o RD 20/12 espertou as conciencias durmidas de todos nós,
sindicatos e traballadores. As mobilizacións sostidas dende ese fatídico 13 de
xullo tiveron unha resposta inmediata, mobilizacións constantes e contundentes
de todo o colectivo, que se viron reflectidas semana tras semana nos medios de
comunicación, coa participación masiva de todos os compañeiros, máis alá de
ideoloxías, rencillas sindicais ou profesionais.
O ritmo
frenético de asembleas, concentracións, caceroladas, manifestacións,
veladas,... obrigounos a un traballo extra ao que nos entregamos con
satisfacción. Cómpre tamén facer autocrítica. Vilas e cidades quedaron fóra do
noso alcance, debido a esa dose de esforzo suplementario. Dende aquí pedimos
desculpas e esperamos que comprendades a imposibilidade de estar en todas as
partes ao mesmo tempo.
O vindeiro
domingo hai eleccións autonómicas. Como quedou dito en repetidas ocasións, CCOO
nin é nin ten dependecia de partido político algún. Porén, o que nos define, e
así se recolle nos nosos estatutos, é que somos un sindicato independiente,
asembleario e participativo. As diferentes asembleas e as visitas aos centros
de traballo deixaron clara unha idea común da que todos participamos: OS
FUNCIONARIOS DE XUSTIZA NON COMPARTIMOS A POLÍTICA DE RECORTES DO GOBERNO.
O vindeiro
domingo temos unha nova mobilización, a máis importante de todas, e, coma
sempre, invitámosvos a participar. Esta mobilización é preto da vosa casa,
nalgunha asociación de veciños, nalgunha escola ou mesmo nalgún centro
cultural. Alí debemos facer a nosa reivindicación máis dura, a máis feroz, a
máis efectiva. Debemos meter nas urnas unha papeleta que represente outra
opción, outra alternativa ás políticas sumisas ao FMI, a Merkel ou ao sistema
bancario, outra opción que crea nos cidadáns, nas persoas de carne e oso que
están a sufrir para pagar as hipotecas, que ven a educación e a sanidade
reducidas a cascallos, que non chegan a fin de mes, e, no que nos atinxe, que
ven como a xustiza se está a desmoronar. A perda do 35% do noso poder
adquisitivo bastaría por sí mesma para votar con carraxe e determinación, para
esnaquizar a tesoira dun golpe seco e democrático..
Convencede a
amigos, veciños e familiares e votade a prol da xustiza social. De non ser así,
a tesoira, agora contida pola campaña electoral, seguirá o seu traballo
incansable. O sector de Xustiza de CCOO en Galicia pídevos que non vos quededes
na casa e, moito menos, que non votedes en branco que é o que queren, xa que o
noso sistema proporcional baseado na Ley d'Hont favorecería ao partido
maioritario, escollede entre a diversidade de opcións de progreso que defendan
o servizo público e votade. O cambio é posible se cremos nel, as políticas de
austeridade sen escrúpulos afundiránse se nos facemos escoitar, acudide a
exercer o voso dereito máis preciado e efectivo..
SÍ AO VOTO DE CASTIGO!!!
NON Á RESIGNACIÓN!!!
XUNTOS
PODEMOS!!