Mostrando entradas con la etiqueta prevención riscos laborais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta prevención riscos laborais. Mostrar todas las entradas

Curso prevención de riscos laborais, nivel básico


17 mar 2026




Con data 17/03/2026 publicouse no DOG a  Resolución  do 9 de marzo de 2026 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.


Poderán participar nesta actividade formativa empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as que asuman as funcións de prevención e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 20 ao 30 de marzo de 2026.


. - Para ver a Resolución completa, preme aquí


Convocatoria de cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico.


11 ago 2023









Hoxe publícase no DOG a Resolución do 4 de agosto de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.


Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de agosto de 2023. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Para ver a Resolución completa , preme aquí


EGAP: convocatoria de cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais


16 abr 2021



 

  Hoxe publícase no DOG a Resolución  do 7 de abril de 2021 pola que se convocan cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo dirixidos ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Deberá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución:

O persoal ao servizo da Administración de xustiza que non realizase con anterioridade este curso de formación, así como aquel con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz das provincias de Lugo e Ourense que estea en situación de servizo activo e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

 

 

Para ver a Resolución completa, preme aquí