Mostrando entradas con la etiqueta bolsa interinos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bolsa interinos. Mostrar todas las entradas

Convocatoria das bolsas de persoal interino de xustiza en Galicia


8 feb 2022


 

 

 



Hoxe publicase no DOG a Resolución do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario na Oficina virtual do peroal da normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX),no sitio web http.//opax.xunta.es, accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https.//sede.xunta.gal.

Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificaión de persoal ao servizo da Administración de xustiz ou outro considerado válico pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia).

Para o suposto de non contar con usuario, farese uso da opción habilitada na OPAX para o rexistro de novos usuarios. No dito web disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as persoas interesadas poderanse dirixir a Dirección xeral de xustiza, a través do correo electrónico servicio.persoal.xustiza.gal.

 Para ver a Resolución completa, preme aquí

 

P
 




Convocatoria da Comisión Paritaria de interinos para o día 12/11/2020


10 nov 2020


 

 

 


 

 

A Dirección Xeral de Xustiza    convócanos    para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, da comisión paritaria de interinos, na seguinte data e hora indicados:

 

Data:                           12/11/2020

Hora:                           11:30 h.

 

Orde do día:

 1. Lectura e aprobación no seu caso da acta da reunión anterior. 

 2. Situación actual das bolsas e posibles alternativas.

 


Comunicación da DXX dunha incidencia nas listaxes provisionais da bolsa de interinos en Galicia


12 dic 2019







A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos  o seguinte mail  :                         .

Asunto: Bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, convocada pola Resolución do 18 de marzo de 2019 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG núm. 59)

 "Para o voso coñecemento, damos traslado da incidencia detectada por unha comprobación posterior á reunión Comisión Paritaria que tivo lugar o pasado día 25/11/2019 nas listaxes provisionais de admitidos e excluídos da bolsa de interinos do persoal ao servizo da Administración de Xustiza e que afecta exclusivamente á valoración dos exercicios aprobados das últimas convocatorias de Xestión e Tramitación procesual (ORD/ JUS/1165/2017 e  ORD/ JUS/1166/2017).

Nas ditas convocatorias, a diferenza doutras anteriores, divídese o primeiro exercicio en dous exames: un de tipo test e outro de tipo práctico, debendo os aspirantes superar ambos para poder ter o primeiro exercicio como apto, e pasar así ao segundo.

Esta diferenza con respecto ás anteriores convocatorias provocou un erro na lectura dos datos efectuada pola aplicación informática, de forma que os datos destas oposicións cargados na  OPAX, e que os solicitantes podían ver e validar no seu caso ao cubrir a solicitude,  nalgún caso resultaron incorrectos.

A esta  circunstancia engádese que os certificados de notas do Ministerio non fan distinción entre exame e exercicio, de forma que algúns solicitantes achegaron certificados de aprobar o primeiro ou o segundo exercicio cando en realidade, só tiñan aprobado un exame do primeiro exercicio, pero non o exercicio completo.

Debido a estas circunstancias, é necesario corrixir a baremación de 20 persoas, de maneira que 8 delas pasarían a estar excluídas por non cumprir o requisito específico do artigo 3.1 b) da convocatoria mentres que 12 obterían unha puntuación menor.

A Dirección Xeral notificará individualmente e por escrito aos solicitantes afectados a súa nova situación, concedendo un prazo para alegacións de 10 días hábiles".