Unha vez entren en vigor as novas listaxes de persoal interino convocadas
pola Resolución do 13 de abril de 2026, as bolsas anteriores quedarán
automaticamente anuladas de conformidade co establecido no artigo 8.4 da dita
resolución.
Aquelas persoas interesadas en quedar en situación
de suspensión de chamamentos conforme o establecido no artigo 20 da
Orde do 6 de maio de 2026 poden cursar a dita solicitude coa documentación
acreditativa necesaria nun
prazo de cinco días hábiles (do 7.09.2026 ao 11.09.2026), por correo
electrónico ante a xefatura territorial correspondente. A suspensión terá
efectos dende a entrada en vigor das novas bolsas.
Recórdase que o persoal interino que estaba en situación de
suspensión temporal nas anteriores bolsas deberán
solicitar novamente a suspensión xa que non pasarán a esta
situación de forma automática.
A
continuación facilítase a información de contacto coas xefaturas territoriais:
Departamento Territorial da Coruña,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico : servizo.xustiza.coruna@xunta.gal Tfno. 981 184 472/ 981 184 456
Departamento Territorial de Lugo,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.gal Tfno. 982 294 308/ 982 29 49 95
Departamento Territorial de Ourense,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal Tfno. 988 386 016
Departamento Territorial de Vigo,
Servizo de Xustiza,
Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal Tfno. 986 817 716/ 986 817 788