Con data 16/03/2026 publícouse no DOG a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes principiará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de marzo de 2026.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
. - Para ver a resolución completa , preme aquí
