Convocatoria probas Celga, niveis 1, 2, 3 y 4


13 mar 2026










 Con data 13/03/2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de marzo de 2026 , da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis I, 2, 3 e 4, no ano 2026 publícase no Dog a convocatoria dos cursos celga 1, 2 ,3 e 4.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitud, segundo o modelo PL500C que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa , será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución . Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


. - Para ver a resolución completa, preme aquí