Publicada no DOG a nova normativa que regula as comisións de servizo no ámbito da Administración de xustiza de Galicia


23 dic 2025












Con data 23/12/2025 publícase no DOG a Resolución do 19 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia e deroga a Resolución anterior de 21 de marzo de 2022.

Esta resolución entrará en vigor coa entrada en funcionamento da nova oficina xudicial, o 31 de decembro de 2025.

Todas as comisións de servizo outorgadas de conformidade coa Resolución do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, manterán a súa vixencia ata que finalicen.

. - Para ver a Resolución completa, preme aquí