O pasado xoves, día 26/06/2025 celebrouse en Santiago a mesa sectorial de xustiza entre a Dirección xeral de xustiza e as sete organizacións sindicais coa seguinte orde do día:
1.Propostas de RPT da Fase III.
2.Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.
3.Proposta de bases do proceso de concurso específico.
.O director xeral de xustiza informou que en setembro reunirase de novo a mesa sectorial de xustiza para ver cómo están a funcionar os tribunais de instancia nas vilas que comezarán o seu funcionamento o próximo 1 de xullo (Fase I) .
.RPT da Fase III .
-Comprende as sete grandes cidades de Galicia : A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense , Santiago, Pontevedra, e Vigo . O director xeral fará unha visita por estas sete cidades para falar sobre a implantación dos tribunais de instancia.
-Vanse crear catro novas prazas de VSM nas ciudades de A Coruña, Vigo, Santiago, e Ourense. A ratio de procedementos nos xulgados de Violencia e a seguinte: 148 asuntos en Santiago, 150 en Vigo, 222 na Coruña e 144 en Ourense.
-Incremento dos complementos específicos das xefaturas de equipo para equiparalos cos da Fiscalía
-Ampliación das plantillas nas Fiscalías de Santiago e Ourense, xa que crearon unha nova praza de fiscal, polo que modificaran a RPT e crearan unha nova praza de tramitación en cada unha destas Fiscalías.
-Manteñen as once prazas de libre designación a pesar da oposición de todas as organizacións sindicais,
-Recorte de plantillas nalgúns servizos comúns de notificacións e embargos.
.Reorganización de efectivos
-O proceso de acoplamento comezará en setembro.
-Térase en conta para computar a antigüedade a data do nomeamento non a da toma de posesión.e non van a computar o tempo prestado en comisión de servizos ou substitución , nin a antigüedade noutro corpo , nin tampouco como interino.
-Aqueles funcionarios que leven procedementos de execución e tramitación poderan escoller un posto no servizo común de tramitación ou noservizo común de execución
-Os funcionarios dos xulgados de instrución 3 de Santiago e Ourense que teñen competencias en materia de violencia sobre a muller, vaise consultar co Ministerio a posibilidade de manter o código VSM e poder facer tamén as gardas.
-O pesoal do corpo de auxilio vai ser confirmado no servizo común xeral.
-O persoal do servizo de apoio, non vai a ser confirmado, e irán ao proceso de reordenación de efectivos.
-Desde CCOO manifestamos que a publicación do Real Decreto 530/2025 publicado no BOE o pasado día 25 de xuño non recolle as reclamacións feitas por CCOO e pon en evidencia as pésimas consecuencias que a implantación dos tribunais de instancia van a ter sobre os nosos dereitos e as condicións de traballo de todo o persoal ao servicio da administación de xustiza.
Desde CCOO presentamos as seguintes alegacións á proposta de RPT desta fase III que podedes ver no seguinte enlace
.Varios.
-A traxectoria profesional de xustiza queda pendente para setembro cando remate a negociación da carreira profesional que estase a levar agora na Xunta.
-En setembro reanudaránse as negociacións sobre o teletraballo.
- Non hai todavía data para o concurso de tralado das vilas, , polo que probablemente se retrasará tamén a súa convocatoria ,