1. Aprobación da acta da sesión anterior
4. Rogos e Preguntas.
A DXX informa:
. Que o pasado día 2 de xuño fixeron unha proba de implantación telemática dos tribunais de Instancia correspondente a Fase I, nos xulgados de Cangas e de Moaña , e que pasarán o calendario de implantación no resto dos municipios ata o día 7 de Xullo.
. Que a nova versión que introducen nas propostas de RPT da Fase III (V2) consiste en aumentar o persoal nos servizos comúns de tramitación , incluindo neles ao persoal do servizos de apoio.
. Que nas propostas das RPT dos servizos comúns de execución tiveron en conta as execucións incoadas , sin ter en conta as pendentes e seguindo os datos facilitados polas Secretarías de Coordinación e baseándose nos datos dos anos 2023 e 2024.
Desde CCOO manifestamos:
-Que sen manual de postos, onde se especifiquen cada unha das funcións dos corpos xerais por cada código de posto, as RPT son incompletas ,e non responden a súa función que é ser un instrumento organizativo. Unha RPT debe ser transparente, definiendo as responsabilidades de cada posto , e que non deixen ao arbitrio dos LAX as funcións definidas na LOPX.
-O manual de postos nunca pode ser substituido polos protocolos de actuación desenvoltos polos secretarías coordinadoras, que nos consta que, polo menos, nos municipios están xa distribuidos aos LAX desde fai tempo.
-Que para unha boa negociación é necesario dispor deses protocolos, co fin de poder facer unha valoración real da distribución de efectivos nos diferentes servizos, e coñecer tamén os criterios baseados nas cargas de traballo, sen esa documentación de mínimos non se pode traballar nuha proposta de consenso.
-Instamos a eliminar todos os postos creados de libre designación, máxime cando son detraídos do servizos de tramitación.
-Se existen xefaturas de equipo deben corresponderse cunha dotación de persoal, e que se distingan como destino deferenciado, co fin de garantir o dereito á mobilidade do persoal.
. Solicitamos que se fagan equipos en todas as áreas , cun máximo de 15 efectivos
Ademáis destas consideracións , presentamos unha serie de alegacións por escrito, que desde CCOO vimos reivindicando de maneira uniforme na mesa de negociación do Ministerio e nas diferentes comunidades transferidas con respecto as RPT derivadas da Lei de eficiencia.
Desde CCOO manifestamos a nosa oposición ao recorte de prazas de xestión nalgúns servizos comúns de notificacións. O Director contesta que este recorte débese ao aumento das notificacións electrónicas.
No partido xudicial de Ferrol, onde na súa estrutura só diferenciase os servizos comúns, sen división por áreas, pedimos que en base a súa poboación e as súas estatísticas, similares a outras cidades como Santiago e Pontevedra, se formen polo menos equipos diferenciados .
Ante a proposta da DXX do borrador do proceso de reorganización de efectivos desta fase III, surxiron moitas dúbidas na reunión que a DXX comprometuese a explicalas, a medida que fosen xurdindo, xa que nesta fase III vai a ser moito máis complexo todo o proceso de reordenación de efectivos.
A DXX convocará unha nova reunión da mesa sectorial, para a próxima semana.