Con data 14/05/2025 publícase no DOG a Resolución do 6 de maio de 2025 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
- O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 ata o 21 de maio de 2025.
- O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, e non serán admisibles outras formas de solicitude.
- Para ver a resolución completa preme aquí