Acordo retributivo na xustiza galega


6 may 2025



Imagen

Tras máis dun mes de negociación fomos quen de acadar un acordo retributivo coa Dirección Xeral de Xustiza que nos sitúa nos primeiros postos dos trece territorios de España.  

 

A unidade das OO.SS foi clave para lograr este acordo económico que coloca a Galicia entre as CC.AA mellor pagadas, a CIG desmarcouse no derradeiro momento. 

 

Para SPJ-USO, STAJ, AXG, UGT, CSIF e CCOO este acordo marca a senda económica dos próximos anos pero en absoluto remata a negociación da implantación dos Tribunais de Instancia das 7 grandes cidades, onde se prevén cambios moi importantes e as/os traballadoras/es teremos moito que dicir. 


225 EUROS A PAGAR EN TRES ANUALIDADES:

1 DE XANEIRO 2026: 90 euros

1 DE XANEIRO 2027: 157,5 euros

1 DE XANEIRO 2028: 225 euros

 

No último momento logramos, cara a implantación dos tribunais de instancia da FASE III, que a D.X aceptara a modificación dunha cláusula para que, naqueles aspectos da implantación que non sexan da súa competencia, se abra unha canle de negociación cando as OO.SS o soliciten.  

 

ROGOS E PREGUNTAS 

De seguido, pasamos aos e rogos e preguntas no que expuxemos dúbidas de moi diversa índole que, sinopticamente, pasamos a referenciar:  

 

  • TRAXECTORIA PROFESIONAL: A Subdirectora confirma que o carácter retroactivo da traxectoria a día 1 de xaneiro de 2025 está garantido, agora só queda que negocien en función pública da Xunta de Galicia para poder cobrar en xustiza 

 

  • CONFIRMACIÓN NOS POSTOS DO R.CIVIL: Insistimos en que, en lugar dunha confirmación automática e obrigatoria  das persoas que presten alí os seus servizos, se  permita unha confirmación voluntaria. Se non acepta, ofertaríase voluntariamente o resto do persoal e, se tampouco houbera solicitantes, entón iría a reordenación forzosa. A D.X manifestou que solo sería posible se hai mais persoas para ese posto.  

 

 

 

 

  • IMPLANTACIÓN DA NUMO: o día 7 deste mes publicarase no DOG as RPT`s da primeira fase así como a resolución do deseño e estrutura dos T.I. 

 

  • COMISIÓNS, SUBSTITUCIÓNS E INTERINOS NA CONFIRMACIÓN DE PRAZAS: A D.X. manifestou que é a súa intención que se manteñan todos e que unha vez se faga a reordenación, aqueles acompañaran o titular da praza. Por outra banda, tamén nos informou que se seguían a publicar e que non foron canceladas.  

  • INTERINOS:  seguirán a ser chamados segundo a normativa actual ata o 1 de Xullo, se ben a partir desa data estarán ligados ó código da RPT do titular. Os REFORZOS tamén continuarán se compren as condicións que esixe a normativa, polo que non haberá cese automático nesa data do 1 de Xullo.  

 

  • COMPLEMENTO DE VIOLENCIA DE XÉNERO: Confirmou que se seguirá abonando o complemento que se percibe por incoación do número de  dilixencias durante o presente ano. Para o ano 2026 haberá que volver  regulalo. 

 

  • TELETRABALLO: Insistimos na necesidade de empezar a negociar xa a normativa do teletraballo, respostándonos o Director Xeral que primeiro había que rematar de negociar os Tribunais de Instancia. Volveu a reiterar que había que marcar un horizonte temporal,  pero manifestou que lle era imposible dar unha data nin sequera aproximada.  

 

  • COMARCALIZACIÓN DOS XULGADOS DE VIOLENCIA: O Director Xeral no foi quen de asegurar a comarcalización dos xulgados de Violencia, que en todo caso serían Ourense e Santiago. O que si afirmou é que de non levarse a cabo a comarcalización o Ministerio non accedería a crear máis “prazas” de Xulgados Exclusivos de Violencia.  

 

  • Novo programa ATENEA: descoñece a data para a súa implantación.  

 

  • PORTÁTILES: rematarán o reparto nas sete cidades galegas antes de que finalice o ano.   

 

  • IMELGA: Hai que comezar a adaptar o Imelga o regulamento polo que se publicará un novo Decreto.  

 

Unha vez rematadas as quendas de intervención o D.X emprazounos para o PRÓXIMO DÍA 14 DE MAIO co fin de seguir coa negociación así  como tamén do Comité de Seguridade e Saúde co fin de avanzar no protocolo sobre Acoso sexual e Acoso por razón de sexo no ámbito laboral.