Hoxe publícase no DOG a resolución do 10 de xaneiro de 2024 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP;<https://egap.xunta.gal/ matricula>
O número de prazas por curso será de 25.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2024.
Para ver a resolución completa, preme aquí