Mesa Sectorial do 3/2/2014


4 feb 2014


No día de onte celebrouse a Mesa Sectorial da Administración de Xustiza co asistencia por parte da Administración do Director Xeral Juan José Martín e a Subdirectora Mª Dolores Saez e os representantes dos sindicatos CC.OO, SPJ-USO, UGT, CSIF e CIG
Dia descanso por dilixencias nocturnas O Director Xeral recoñeceu o dereito dos traballadores do SCNE a un día de descanso pola realización das dilixencias nocturnas, conforme ao solicitado por escrito polos traballadores do Servizo Común de Notificacións e Embargos de Vigo, asumindo así a petición feita por estes traballadores e polo Sector de Xustiza de CC.OO
Interinos. No día de hoxe publicouse no DOG a convocatoria da bolsa de interinos de Xustiza para o ano 2014 .O prazo de presentación de instancias é de 15 días a partires do día seguinte da publicación no DOG e a través do portal Opax
Oficina Xudicial Fiscal A Administración presentou un documento no que se introduce de maneiras descarada o enchufismo na Administración de Xustiza coa creación de prazas de libre designación, o “Secretario Persoal” do Fiscal Xefe da provincia (cando no proxecto inicial publicado polo CEX do Ministerio de Xustiza só o contemplaba para os servizos de apoio ao Fiscal Superior da Comunidade Autónoma)
O enchufismo de por si é grave pero se aínda por enriba engadimos que este postos “a dedo” pensan ofertarllos a traballadores da Autonómica e da Administración Xeral do Estado alcanza grados de país bananero. CC.OO mostrou o seu absoluto rexeitamento a designación “a dedo” de calquera posto de traballo, e moito máis se é posible, a oferta destes postos “a dedo” a funcionarios doutras administracións.
6º día de asuntos particulares.- CC.OO esixiulle ao Director que o Opax recolla o sexto día de asuntos particulares polos festivos nacionais que coinciden en sábado (1 de novembro e 6 de decembro) tal e como ven recollido na orden de vacacións, permisos e lucenzas negociado entre a Administración e os Sindicatos con representación na Mesa (CC.OO-USO-UGT-CSIF-CIG)
Días de compensación horaria ou libranza. O Director Xeral mostrou a súa intención de eliminar os días de libranza negociados na Admón de Xustiza de Galicia, e que non existen en todo o Estado. Todos os Sindicatos mostramos a nosa oposición a esta supresión, xa que incumpriría o negociado o ano pasado.
Ante a unidade Sindical o Director mantén os días de LIBRANZA, pero mostra su intención de reducir a porcentaxe de horas a flexibilizar, querendo fixar un máximo de 22,5 horas a acumular en todo o ano. De novo, ante a radical oposición de todos os sindicatos presentes na mesa, o Director aceptou valorar o número máximo de horas que se poderían acumular por enriba do horario mínimo e negocialo nos próximos días
Varios CC.OO reiterou a convocatoria da Mesa Sectorial sobre I.T co Conselleiro Alfonso Rueda e DE MESA DE SUSTITUCIÓNS, a necesidade de converter en cadros de persoal, empezando polas de maior antigüidade, os reforzos de longa duración, calquera que sexa o seu destino e a Convocatoria Mesa Técnica sobre a situación dos arquivos xudiciais en Galicia