A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) publicou unha nova convocatoria de cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos, dirixida, entre outros colectivos, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (incluídas as persoas integrantes das bolsas de interinos/as nos corpos indicados na convocatoria).
O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de marzo de 2026. A matrícula realízase exclusivamente en liña a través do formulario dispoñible en https://egap.xunta.gal/matricula.
Importante: durante o prazo de presentación poderás solicitar un máximo de 3 cursos.
Cursos específicos para persoal da Administración de xustiza
CV26046 – Ferramentas para o teletraballo na Administración de xustiza (20 horas, teleformación).
CV26052 – Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais na Administración de xustiza (30 horas, teleformación).
CV26060 – Implantación do expediente xudicial electrónico: persoal de auxilio (30 horas, teleformación).
CV26061 – Implantación do expediente xudicial electrónico: persoal xestor e tramitador (30 horas, teleformación).
CV26062 – Seguridade da información na Administración de xustiza en Galicia (30 horas, teleformación).
. -Para ver a resolución completa, preme aquí
