. Reducirá algunha edición daqueles cursos que tiveron neste ano unha menor demanda.
. Aumentará nunha edición máís os cursos de linguaxe xurídica media e superior dentro da Comunidade, dado a súa alta taxa de demanda.
. Introducirá novos cursos para o ano 2026, unha vez que todas as organizacións sindicais presentemos as nosas propostas de cursos dando de prazo ata o luns, 1 de decembro para que cada OOSS presente as súas propostas para o ano 2026 e poder acordar asi unha nova oferta formativa para o próximo ano.
Dende CCOO, reiteramos , un ano máis a necesidade de coñecer algún datos máis dos achegados pola Dirección Xeral de Xustiza na táboa remitida. Ë importante coñecer cal é o orzamento destinado a dita formación, o custo de cada curso feito neste último ano, datos todos eles esenciais para de facer unha proposta formativa real para o próximo ano 2026 .Outro dato que consideramos importante, e tamén descoñecemos ,é o número de aqueles solicitantes que abandoaron os cursos antes do seu remate e a valoración global de cada curso.
Dende CCOO, propuxemos na mesa :
.- Seguir apostando e potenciar a formación de acollida impartida no mesmo posto de traballo a base de titorías, axilizando a súa tramitación.
.- Continuar estruturando en Módulos os cursos de cada xurisdición, engadindo novos cursos que engloben as reformas lexislativas.
.- A posta en marcha de cursos de formación en liña para a preparación das oposicións dirixidos ao persoal titular e interino da Administración de Xustiza de Galicia
.- O incremento do número de edicións e de prazas ofertadas para os cursos de linguaxe xurídica galega do nivel medio e superior, tanto para o persoal pertencente á Comunidade Autónoma Galega como para o persoal de fóra da nosa Comunidade.
.- Manter os cursos de formación específica en materia de violencia de xénero e igualdade efectiva de homes e mulleres, e demandamos un curso específico enfocado á elaboración e implantación de planes de igualdade na Administración de xustiza.
.- Que se manteñan os cursos sobre protección de datos e sobre a implantación do expediente xudicial electrónico.
.- Seguir impartindo cursos sobre as reformas lexislativas no ámbito civil, penal , familia, Rexistro civil e a súa aplicación Dicireg.
.- Cursos prácticos presenciais sobre tramitación e execución en todos os ordes xuridicionais.
. - PROPOSTAS FORMATIVAS DE CCOO PARA O PLAN DE FORMACIÓN DO ANO 2026.
Dende CCOO, propoñemos as seguintes accións formativas para integrar o plan de formación para o ano 2026, algunha delas enfocadas ao cambio de modelo da oficina xudicial que vai a ter lugar no próximo ano e outras que consideramos tamén importantes:
. Atención aos usuarios e usuarias do servizo público de xustiza no novo modelo de oficina xudicial ( NUMO) .
. Xestión integral do cambio hacia o novo modelo de oficina xudicial ( NUMO ).
. Xestión de conflitos na administración de xustiza.
.
Medios alternativos de solución de conflitos (MASC).