Con data 16/06/2025 publicouse a resolución da DXX pola que se adxudican postos de traballo do proceso de reasignación forzosa dentro da reorganización que se realiza con motivo da implantación da fase I da Lei Orgánica 1/2025.
. A toma de posesión terá lugar o 1.07.2025, data de entrada en funcionamento das novas unidades da fase
.A adscrición ao posto de traballo adxudicado terá carácter obrigatorio e definitivo. O persoal funcionario afectado por unha reasignación forzosa estará exento da obrigación de permanencia mínima no posto de traballo sinalada no artigo 46.1 do Real Decreto 1451/2005, do 7 de decembro , gozando de preferencia para obter un posto de traballo no seu centro de destino de orixe no primeiro concurso de postos xenéricos en que se oferten prazas no dito centro.
- Para ver a resolución completa, preme aquí