No día de hoxe publícase na intranet de xustiza unha substitución entre
titulares, así como a adxudicación de postos da última convocatoria que
podedes consultar aquí
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución
vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá
preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada
un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na
norma.
Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II (descargar aquí),
, ate o 17 de decembro inclusive, anticipando a instancia por fax ao
981546222 facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o
órgano no que
se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.