Dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en contestación á carta remitida por CC.OO, exímese de calquer tipo de responsabilidade na cancelación dos cursos de Lingüaxe Xurídica e sinalando á EGAP como único responsable da cancelación
Estimado Pablo,
En contestación ao seu escrito relativo á anulación de
cursos de linguaxe xurídica na modalidade de teleformación, comunicámoslle que a Secretaría Xeral de Política Lingüística mantén íntegro o seu plan formativo en cursos de linguaxe xurídica galega, que se realizan, tal e como estaba previsto na convocatoria do 22 de marzo de 2012, con total normalidade.
Temos coñecemento de que a Escola Galega de Administración
Pública (EGAP) anulou na resolución de data 13 de xuño de 2012 certos cursos “co
obxectivo de cumprir a normativa de estabilidade orzamentaria e déficit público”.
Os cursos anulados son os organizados e financiados pola
EGAP.
De precisar algún tipo de aclaración ou información sobre a modificación da devandita convocatoria, deberá dirixirse á EGAP como entidade
responsable desa modificación.
Agradecendo, unha vez máis, o seu interese por esta cuestión, así como pola formación dos traballadores e traballadoras en lingua galega, reciba o
noso saúdo máis cordial ao tempo que quedamos á súa enteira disposición.
Fdo. Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Linguística
Contestación de Política Lingüística:
Pincha aquí
Carta presentada por CCOO:
Pincha aquí